Wes Unseld: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
=== [[NBA]] ===
Foi elixido na segunda posición da primeira rolda do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1968]] polos [[Baltimore Bullets]], e na súa primeira tempada conseguiu un fito que até ese momento só [[Wilt Chamberlain]] lograra: ser [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] e [[MVA da NBA|MVP]] da liga na mesma tempada, despois de conseguir 18,2 rebotes por partido.
 
Xogou durante o seu trece anos de profesional no mesmo equipo, aínda que sufriu os cambios de denominación e de cidade do mesmo, xa que en [[1973]] trasladáronse a [[Washington]], onde na súa primeira tempada denomináronse os ''Capital Bullets'', para ser, finalmente, os [[Washington Bullets]]. Non foi un gran anotador, finalizou a súa carreira con 10,8 puntos por partido, mais si un excelente reboteador, conseguindo 14 capturas por encontro. Formou un tándem perfecto con [[Elvin Hayes]], e xuntos levaron aos Bullets a catro finais da [[NBA]], gañando o anel de campión en [[1978]], sendo ademais nomeado [[MVP da NBA|MVP]] das finais. Retirouse en [[1981]], con 34 anos de idade, e despois de disputar 984 partidos de liga regular.