Diferenzas entre revisións de «Senado de Francia»

m
bot Modificado: nl:Sénat; cambios estética
m (bot Modificado: nl:Sénat; cambios estética)
O Senado atópase no [[Pazo de Luxemburgo]], no 6º ''arrondissement'' de [[París]] e está vixiado pola [[Garda Republicana]]. Enfronte do edificio está o xardín do Senado, o Xardín de Luxemburgo, que está aberto ao público.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Luco.jpg|thumb|150px|right|Xardín do Palacio de Luxemburgo,]]
A [[Historia de Francia]] dá diferentes nomes á cámara alta:
* A Constitución termidoriana de [[1795]] (1795-99) crea o Senado co nome de ''Consello de Anciáns''.
* Convértese en ''Senado conservador'' durante o [[Consulado]] e o [[Primeiro Imperio Francés|Imperio]] ([[1799]]-[[1814]]).
* Despois chamouse ''Cámara dos pares'' na [[Restauración Francesa|Restauración]] (1814-[[1830|30]]) e durante a monarquía de xullo.
* Durante o [[Segundo Imperio Francés|Segundo Imperio]] pasa a chamarse ''Senado'' ([[1851]]-[[1870]]).
* A [[Terceira República Francesa|IIIª República]] establece o ''Senado Republicano'' ([[1875]]-[[1940]]).
* En [[1946]] convértese no ''Consello da República'' ata [[1958]], comezo da [[Quinta República Francesa|Vª República]].
 
== Atribucións ==
Segundo a Constitución francesa o Senado ten case as mesmas funciones cá Asemblea Nacional. As iniciativas lexislativas proveñen do [[Goberno francés|Goberno]] (proxectos de lei) ou dos membros do Parlamento (proposicións de lei). As dúas asembleas deben aprobar o texto antes de ser promulgado.
 
O Senado tamén participa na acción de control do goberno mediante a publicación de varios informes ao longo do ano acerca de diversos temas.
 
=== Interinidade na Presidencia da República ===
A Constitución de 1958 confía ao Presidente do Senado a función de asumir o cargo de [[Presidente da República Francesa|Presidente da República]] interinamente (ata unhas novas eleccións) no caso de que o [[Consello Constitucional de Francia|Consello Constitucional]] constatase a vacante temporal ou definitiva por falecemento, enfermidade, demisión ou outras razóns.
 
[[Alain Poher]] ocupou en dúas ocasións o [[Palacio do Elíseo|Elíseo]] por esta razón: en [[1969]] tras a dimisión de [[Charles de Gaulle]] e en [[1974]] tras a morte de [[Georges Pompidou]].
 
== Composición e modo de elección ==
O Senado componse de 331 senadores:
 
* 313 son elixidos nos [[Departamentos de Francia|departamentos metropolitanos e de ultramar]] (cada departamento ten polo menos un representante).
* 1 en [[Nova Caledonia]].
* 1 na [[Polinesia Francesa]].
* 1 en [[Wallis e Futuna]].
* 2 en [[Mayotte]].
* 1 en [[San Pedro e Miquelón]].
* 12 elixidos polos franceses residentes no estranxeiro.
 
Ata o ano [[2004]] os senadores eran elixidos por 9 anos por sufraxio indirecto, polos grandes electores ''(grands électeurs)'', que eran elixidos por sufraxio directo e eran renovados por terzos cada 3 anos (series A, B e C).
[[Ficheiro:French Senate amphitheater 050917 162927.jpg|thumb|250px|right|Interior do Senado.]]Así mesmo, modifica a repartición dos escanos por departamentos para reflectir as evolucións da poboación francesa. Así, os membros do Senado pasarán a ser 341 en 2008 e 346 en 2011 coa seguinte repartición:
 
* 326 dos departamentos metropolitanos e de ultramar.
* 2 da Polinesia Francesa.
* 2 de Nova Caledonia.
* 2 de Mayotte.
* 1 de San Pedro e Miquelón.
* 1 de Wallis e Futuna.
* 12 representantes dos franceses residentes no estranxeiro.
 
Os representantes dos franceses no estranxeiro son elixidos pola Asemblea de franceses no estranxeiro.
 
Os grandes electores son:
* dunha parte (95% do colexio electoral) os representantes das [[Comuna francesa|comunas]], alcaldes, adxuntos á alcaldía, conselleiros municipais e delegados dos consellos municipais nas comunas máis importantes; o seu número é fixado en función da poboación da comuna.
* doutra parte (5% do colexio electoral) os conselleiros xerais, conselleiros rexionais e os deputados.
 
=== Últimas eleccións ===
{| border="1" cellpadding="4" cellspacing="1" style="background:#ffffff; border:1px solid #aaa; border-collapse:collapse; font-size:95%; margin:1em 1em 1em 0; text-align:right; text-valign=top; "
|
|}
 
<nowiki>*</nowiki> Comunista, Republicano & Cidadán.<br />
<nowiki>**</nowiki> Reagrupamento Democrático e Social Europeo (grupo parlamentario máis antigo de Francia).<br />
<nowiki>***</nowiki> a UMP non existía no 2001, o número de senadores é o do [[Reagrupamiento pola República|RPR]] e RI. Entre paréntese o número de senadores que uníronse á UMP dende a súa creación.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Política de Francia]]
* [[Asemblea Nacional de Francia]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|French Senate}}
* [http://www.senat.fr/ Sitio oficial]
 
[[Categoría:Política de Francia]]
[[ko:프랑스 상원]]
[[lt:Prancūzijos senatas]]
[[nl:Sénat (Frankrijk)]]
[[no:Frankrikes senat]]
[[pl:Senat (Francja)]]
76.044

edicións