Adam Morrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Xogador da NBA | nome = <big>Adam Morrison</big> | imaxe = Adam Morrison.jpg | ancho = 268 | posición = Aleiro | altura = 2,03 m <small>(6 ft 8 [[polgad..."
 
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
| antigos_equipos = [[Charlotte Bobcats]] (2006-2009)
| premios =1× [[NBA|Campión da NBA]] <small>([[2009]])</small>
}}
}}{{enuso}}
'''Adam Morrison''', nado o [[19 de xullo]] de [[1984]] en Glendive, [[Montana]], é un xogador [[Estados Unidos|norteamericano]] de [[baloncesto]] que milita en [[Los Angeles Lakers]] da [[NBA]].
 
== Carreira ==
=== Instituto ===
O pai de Adam Morrison é o ex adestrador de [[baloncesto]] John Morrison, e a súa familia tivo que estar a se mudar con el durante a súa carreira como técnico. Estivo en Casper College de Casper, [[Wyoming]], na Universidade Dakota Wesleyan en Mitchell, [[Dacota do Sur]] e en Dawson Community College en Glendive, [[Montana]]. Cando Adam estaba en cuarto grao, o seu pai deixou de adestrar e a familia mudouse a Spokane, [[Estado de Washington|Washington]]. En oitavo, Adam perdeu catorce quilos e nun dos campus de baloncesto de Gonzaga comezou a sentirse enfermo. En palabras súas, non podía facer nada. Morrison estaba no correcto, despois disto, diagnosticáronlle [[diabetes]] tipo 1. Morrison encaixou o seu diagnostico de maneira moi optimista e positiva, o cal lle axudou moito. A súa enfermidade non supuxo ningún tipo de impedimento no seu camiño por converterse nunha estrela no mundo do baloncesto, e xa empezaba a dar acenos diso no Instituto Mead, en Spokane.
 
Na súa tempada senior, bateu os records de anotación tanto nunha campaña como na historia total do instituto, liderándoos, ademais, á final estatal. A pesar de xogar a final con hipoglucemia foi capaz de anotar 37 puntos que non valeron para dar a vitoria ao seu equipo. Esa foi a única derrota de Mead na tempada. Desde o final da súa tempada junior xa estaba apalabrado coa [[Gonzaga Bulldogs|Universidade de Gonzaga]].
 
==== Diabetes ====
Adam padece [[diabetes]] tipo 1, que provoca o cesamento da produción de [[insulina]] no corpo. É unha disfunción do [[sistema inmunolóxico]] que desactiva as células beta do [[páncreas]], as produtoras de insulina; a [[hormona]] que axuda a converter a [[glicosa]] en enerxía. Cunha dieta sa e revisións periódicas, a cousa irá como unha seda. Ademais a súa boa mentalización e o practicar deporte, supoñen a mellor cura para a enfermidade.
 
=== Universidade ===
Morrison chegou á [[Gonzaga Bulldogs|Universidade de Gonzaga]] en [[2003]], aquela tempada ([[2003]]-[[2004|04]]) como "freshman" presentouse alentadora, 11.4 puntos por encontro facían caber moitas esperanzas ao redor deste xogador. Foi incluído no Mellor Quinteto Freshman da West Coast Conference. Como "sophomore" mellorou, como era previsible, as súas prestacións. Do quinteto freshman pasou ao quinteto da [[West Coast Conference|WCC]], ademais da honorable mención All-American. Todo isto, mercé aos seus 19 puntos, 5.5 rebotes e 2.8 asistencias por encontro cos que deleitou. Con todo, ao equipo faltáballe un hervor para chegar máis lonxe na [[NCAA]]. Caeron en 2ª rolda ante a [[Texas Tech Rede Raiders|Universidade de Texas Tech]].
 
O seu ano "junior" foi a consagración dun aleiro que apuntaba moi alto. Empezou a [[2005]]-[[2006|06]] de maneira impresionante. Nos dous primeiros partidos de Gonzaga no Maui Invitational, un dos torneos universitarios máis prestixiosos que se disputa en pretemporada. En 1ª rolda, Morrison anotou 25 puntos fronte a [[Maryland Terrapins|Maryland]]. En semifinais fíxolles 43 puntos a [[Michigan State Spartans|Michigan State]]. Na final perderon 65-63 fronte a [[UConn Huskies|UConn]] e Adam levou o MVP. En liga regular fixo 13 partidos de 30 ou máis puntos, con 5 encontros por encima dos 40. O [[18 de febreiro]] Morrison callou o seu mellor partido en anotación, facendo 44 puntos a [[Loyola Marymount Lions]] con 37 na 2ª parte. Tivo unha media de 28,1 puntos (1º), 5.5 rebotes e 1.8 asistencias por partido. Pero o maior pau sufriuno no torneo [[NCAA]], onde caeron en semifinais no cadro de Oakland, despois de desperdiciar unha vantaxe de 17 puntos ante [[UCLA Bruins|UCLA]] nun encontro que pasará á historia da Universidade. Con 3:26 para o final, Gonzaga vencía de 9 puntos. Adam Morrison levou, xunto co seu amigo [[J.J. Redick]], o trofeo [[Óscar Robertson Trophy]] ao Xogador do Ano, ademais de levar outro galardón similar patrocinado por Chevrolet. Foi finalista do [[Naismith College Player of the Year|Premio Naismith]] e do [[Premio John R. Wooden]], ambos os conseguidos por J.J. Reddick. Era o momento de dar o salto á [[NBA]].
 
=== NBA ===
Morrison foi elixido por [[Charlotte Bobcats]] (cuxo manager de operacións é [[Michael Jordan]], é máis, esta foi a súa primeira decisión) no posto 3 do [[draft de 2006]], por detrás de [[Andrea Bargnani]] ([[Toronto Raptors]]) e de [[LaMarcus Aldridge]] ([[Chicago Bulls]]). O [[6 de xullo]] de [[2006]], os Bobcats asinaron un contrato de 2 anos a Morrison. O [[1 de novembro]] de [[2006]] fixo o seu debut na liga fronte a [[Indiana Pacers]] asinando 14 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias. O seu tope en puntos conseguiuno o [[30 de decembro]] de [[2006]] con 30 fronte aos Pacers.
 
A tempada de Morrison foi de máis a menos, empezou o primeiro mes de competición cunha media de 15,3 puntos (con malas porcentaxes, iso foi a tónica da tempada), 2,9 rebotes e 2,1 asistencias e levándose o premio de rookie do mes. En [[decembro]], [[xaneiro]] e [[febreiro]] mantívose ao redor dos 12 puntos, pero aos poucos perdendo protagonismo en detrimento de [[Walter Herrmann]]. Acabou o seu ano rookie con 11,8 puntos, 2,9 rebotes e 2,1 asistencias. Foi incluído no 2º quinteto e participou no [[Rookie Challenge]] do [[All-Star Weekend da NBA 2007|All Star 2007]] en [[As Veigas]]. O [[7 de febreiro]] de [[2009]] foi traspasado xunto con [[Shannon Brown]] a [[Los Angeles Lakers]] a cambio de [[Vladimir Radmanović]].<ref>[http://thelakersnation.com/blog/2009/02/07/breaking-news-radmanovic-traded-for-morrison-brown/ Radmanovic traded for Morrison, Brown]</ref>
 
== USA Basketball ==
Morrison acumula catro internacionalidades con equipos junior da selección de baloncesto dos [[Estados Unidos]], mais aínda non debutou coa absoluta. Foi seleccionado para a preparación do [[Campionato mundial de baloncesto de 2006|Mundial de Xapón 2006]], pero foi un dos descartes do equipo.
 
== Curiosidades ==
* O mostacho de Morrison ten a súa orixe nunha aposta co seu antigo compañeiro de Gonzaga David Pendergraft. Desde entón, ese bigote converteuse en todo un fenómeno.
* Entre os seus gustos musicais destacan [[Rage Against the Machine]], [[X-Raided]] e [[Metallica]].
* É un gran amigo do agora xogador de [[Orlando Magic]] e ex [[Duke Blue Devils|Duke]], [[J.J. Redick]].
* Observa vídeos do seu ídolo [[Larry Bird]] para perfeccionar o seu xogo. Ten un poster na súa habitación que dicía "DETERMINATION".
* De ideal político [[comunismo|comunista]], o seu ídolo fora do deporte é o [[Che Guevara]]. Ten un poster na súa habitación que dicía "Hasta la victoria siempre". Tamén tiña outro de [[Karl Marx]].
* Normalmente come bistec e patacas ao forno dúas horas antes de cada encontro.
* Gústanlle os [[videoxogos]], especialmente o "Halo 2". Foi portada do xogo de EA Sports ''NCAA Basketball 2007''.
 
== Referencias ==
{{listaref}}
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.nba.com/playerfile/adam_morrison/ Ficha en NBA.com de Adam Morrison]
* [http://www.morristache.com/ Morristache.com]
* [http://www.nba.com/draft2006/profiles/AdamMorrison.html Ficha del draft 2006 de Adam Morrison]
* [http://www.usabasketball.com/biosmen/adam_morrison_bio.html Ficha en USA Basketball de Adam Morrison]
* [http://gozags.cstv.com/sports/m-baskbl/mtt/morrison_adam00.html Ficha en Gonzaga]
* [http://www.clutchfans.net/nbadraft/profiles/2006/adam_morrison/ Ficha en NBA de Adam Morrison]
* [http://www.draftexpress.com/viewprofile.php?p=174/ Scouting de Adam Morrison en Draft Express]
 
{{DEFAULTSORT:Morrison, Adam}}
 
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]
[[Categoría:Xogadores Charlotte Bobcats]]
[[Categoría:Xogadores Los Angeles Lakers]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos]]
[[Categoría:Aleiros de baloncesto]]
 
[[bat-smg:Adam Morrison]]
[[ca:Adam Morrison]]
[[da:Adam Morrison]]
[[de:Adam Morrison]]
[[en:Adam Morrison]]
[[fr:Adam Morrison]]
[[hr:Adam Morrison]]
[[it:Adam Morrison]]
[[ja:アダム・モリソン]]
[[pl:Adam Morrison]]
[[ru:Моррисон, Адам]]
[[zh:亚当·莫里森]]