Diferenzas entre revisións de «Sismundi, Cariño»

engado
(formato)
(engado)
|entidades = 14
}}
== Xeografía ==
'''Santo Estevo de Sismundi''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello de [[Cariño]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 120 habitantes (70 mulleres e 50 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 124 habitantes.
''' Sismundi ''' está situada á beira da ría nas vertentes da Miranda de onde baixan os regatos Chancela e Muiños que atravesan esta parroquia. Limita ao norte coa parroquia da [[A Pedra, Cariño|Pedra]] dende o regato Richoz na ensenada da Caleira até a Fonte da Miranda e a Pena do Fraile. Polo leste linda coa [[Ría de Ortigueira]] dende o anterior regato até a Pena da Corveira. Polo sur linda coa parroquia de [[Landoi, Cariño|Landoi]] dende a anterior pena o límite vai cara o oeste pola Croa do Sisto , no chao de Liñares, e polo oeste o linde tamén é coa parroquia de [[Landoi, Cariño|Landoi]] separada polo camiño que vai dende o Chao de Liñares até a Pena do Fraile da Miranda.
A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia pola Cruz do Meixón. Desta mesma estrada, no lugar de Soutochao, parte un ramal que remata na ría cunha pequena rampa embarcadeiro.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial, na honra de Santo Estevo, está erguida no lugar da Garita.Ten unha soa planta e un pequeno altar lateral gótico. Unida a igrexa hai unha pequena capela que ten unha inscripción nunha lápida que di:
 
“AÑO DE 1708 SIENDO PONTIFICE CLEMENTE XI Y REY D FELIPE V FUNDARON ESTA CAPILLA DE NRA S DE LA PURIFICACION EL LDO D JV LOPEZ DE SAPO Y ARMADA ABOGADO EN EL TRIBUNAL DE ESTE REINO Y SU MUGER DA MARIA BENTURA DIAZ DE ROBLES GUSMAN Y VILLAR DIFUNTA”
Dende o embarcadeiro dos Muiños saían hai tempo as lanchas de pasaxe cara outro embarcadeiro que hai mesmo en frente, na Punta de Cabalar, no concello de Ortigueira. Desta actividade de pasaxe viña o antigo nome desta parroquia: San Esteban de la Pasaje. Tamén se levaban a cabo aquí traballos de reparación nos barcos de pesca polo mediados de 1900 de cando a frenética actividade pesqueira na comarca.
 
== Poboación ==
'''Santo Estevo de Sismundi''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello de [[Cariño]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 120 habitantes (70 mulleres e 50 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 124 habitantes.
 
==Lugares e Parroquias==
393

edicións