Diferenzas entre revisións de «Vitamina B7»

m
bot Modificado: th:ไบโอติน; cambios estética
m (bot Engadido: dv:ވިޓަމިން ބީ7)
m (bot Modificado: th:ไบโอติน; cambios estética)
[[Ficheiro:Biotin structure.svg|thumb|Estrutura da biotina]]
 
A '''biotina''', '''vitamina H''' ou '''vitamina B7''' é unha [[vitamina]], estable á calor, soluble en auga e alcol e susceptible á [[oxidación]], que intervén no [[metabolismo]] dos [[hidratos de carbono]], [[lípido|graxagraxas]]s e [[aminoácido]]s e [[purina]]s. Biotina deriva do grego ''bios'' (vida).
 
Alivia [[dor]]é musculares, o [[eczema]] e a [[dermatitis]] e tamén axuda a combater a [[depresión]] e a [[somnolencia]]. É esencial para a síntese e degradación de graxas e a degradación de certos aminoácidos. Non se levaron a cabo estudos definitivos sobre os requirimentos de biotina pola falta de coñecemento sobre a dispoñibilidade dela nos alimentos e a contribución microbiana, pero se recoñece que unha inxesta segura e adecuada desta vitamina é de 200-300 [[microgramo|?g]] diarios.
Hai tres formas de biotina: biotina libre (a única útil para os seres humanos), [[biocitina]] (e-biotina-L-Lisina) e dous [[sulfóxido]]s L e D da biotina.
 
== Historia ==
A súa historia comeza aproximadamente no ano [[1916]], cando [[Bateman]] observou un cambio na saúde das [[rata]]s que eran alimentadas con clara de ovo crúa. Observou que as ratas así alimentadas, comezaban cunha síndrome caracterizada por [[descamación]], [[dermatitis]] intensa, [[alopecia]] (perda do pelo) e trastornos neuromusculares.
 
Non foi senón ata [[1936]] que dous investigadores, [[Kogl]] e [[Tonnis]], illaron a biotina da xema do ovo. Pero que sucedía co observado por Bateman? Nesa mesma década atopouse na clara crúa do ovo unha [[glicoproteína]] chamada [[avidina]] que tiña a característica de unirse de xeito irreversible coa biotina (complexo avitina biotina) e este complexo ten a particularidade de non poder ser absorbido polo tracto gastro-intestinal dos [[mamíferos]]. Polo cal Bateman observara, por primeira vez nun medio controlado, un déficit severo de biotina e as súas consecuencias.
 
== Función ==
A biotina atópase na [[célula]] unida con resto específico de [[lisina]] (un [[aminoácido]]) formando a [[biocitina]]; a biocitina únese [[covalente]]mente a certos [[encima]]s relacionados coa formación ou a utilización do [[dióxido de carbono]] exercendo así función de [[coenzima]]: actúa na transferencia (aceptor e donador) de [[dióxido de carbono]] en numerosas [[carboxilasa]]s:
 
Todas estas encimas son esenciais nos procesos de duplicación celular, por iso o observado por Bateman, ao privar de biotina ás ratas, comezaron con déficit de encimas celulares afectando inicialmente aos [[tecido (bioloxía)|tecidos]] de rápida reprodución ou [[mitose]] ([[pel]], [[pelo|cabelos]], células de recubrimiento axónico).
 
== Carencia ==
Pode ser deficitaria en individuos que reciben alimentación [[parenteral]] total durante varios anos. Os síntomas provocan a deterioración das funcións metabólicas descritas, [[eczema]], [[dermatitis]] seca e descamativa, palidez, [[náusea]]s, [[vómito]]s, [[anorexia]], gran [[fatiga]] e [[depresión]].
 
As dietas baixas en [[colesterol]] e graxas tamén son baixas en biotina.
 
== Sobredosificación ==
A flora intestinal é capaz de sintetizar gran cantidade de biotina. A eliminación fecal e urinaria, moito máis elevada que a inxesta dietética, indica a magnitude de síntese por parte da [[microflora]].
 
[[su:Biotin]]
[[sv:Biotin]]
[[th:ไบโอติน]]
[[th:วิตามินบี 7]]
[[tr:Biyotin]]
[[uk:Біотин]]
76.344

edicións