Diferenzas entre revisións de «Landoi, Cariño»

arranxo
(arranxo)
|entidades = 15
}}
'''Santiago de Landoi''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Cariño]].
 
==Poboación==
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 172 habitantes (86 mulleres e 86 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 218 habitantes.
 
==Xeografía==
[[Ficheiro:Mapa Landoi.PNG|thumb|225 px|left|Localizacion da parroquia no concello de Cariño]]
'''Landoi''' esténdese pola aba oriental da [[Serra da Capelada]] co seu pico da Miranda como altura máis destacada e chega ate os lindes da [[Ría de Ortigueira]] nas terras do lugar de Cabanán. Linda polo norte coas parroquias da [[Pedra, Cariño|Pedra]] dende a Pena do Monte da Herbeira até a Pena do Fraile da Miranda e con [[Sismundi, Cariño|Sismundi]] dende a Cova do Sisto até a Penarredonda da Curveira. Polo leste limita dende a punta anterior até a Punta do Cepo co borde litoral da ría. Polo sur limita coas parroquias de [[Feás, Cariño|Feás]] e [[Veiga, Ortigueira|Veiga]] do concello de Ortigueira e [[Régoa, Cedeira|Régoa]] do concello de Cedeira. Finalmente polo oeste linda coa anterior parroquia de Cedeira.
 
A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia. Tamén o río Seixo baña a súas terras despois de captar auga de multitude de regatos que baixan dos montes da Capelada até desaugar na [[Ría de Ortigueira]] en Esteiro.
 
Atopamos nesta parroquia a chamada Pena do Castelo con restos dun castro no que se aprecian vestixios dos muros.
 
==Poboación==
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 172 habitantes (86 mulleres e 86 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 218 habitantes.
 
==Lugares e Parroquias==
393

edicións