Caucho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: io, is, kk, nah, si, ta, vls Eliminado: ml Modificado: it, uk, yi
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 4:
Crese que foi bautizado por [[Joseph Priestley]], que o descubriu en [[1770]], quen secou o látex e borrou anotacións en lapis.
 
== Historia ==
No seu lugar de orixe, centro e sur de [[América]], o caucho foi colleitado durante moito tempo. As civilizacións mesoamericanas empregaron o caucho sobre todo de ''Castilla elástica''. Os antigos mesoamericanos tiñan un xogo de pelota onde empregaban pelotas de goma. Unhas pelotas precolombianas foron atopadas no ano 1600 a.C. Segundo [[Bernal Díaz del Castillo]], os conquistadores españois asombráronse polos grandes saltos que lograban as pelotas de goma dos [[aztecas]], e preguntábanse se as pelotas estaban encantadas por espíritos malignos.
 
Os [[maias]] tamén facían un tipo de zapato de goma mergullando os pés nunha mistura de látex. O caucho foi empregado noutros contextos, como tiras para soster instrumentos de pedra e metálicos a mangos de madeira e acolchado para os mangos dos instrumentos. Mentres os antigos mesoamericanos non tiñan a vulcanización, desenvolveron métodos orgánicos de tratar o caucho con resultados similares.
 
== Usos ==
Actualmente fabrícanse miles de artigos de caucho para usos moi diferentes. O caucho é amplamente utilizado na fabricación de [[pneumático]]s, [[lamia]]s, artigos [[impermeable]]s e [[illante]]s, polas súas excelentes propiedades de [[elasticidade]] e [[resistencia]] ante os [[ácido]]s e as sustancias alcalinas. É repelente á auga, illante da [[temperatura]] e da [[electricidade]]. Disólvese con facilidade ante [[petrolato]]s, [[benceno]]s e algúns [[hidrocarburo]]s. O caucho natural adoita vulcanizarse, proceso polo cal o caucho quéntase e engádeselle [[xofre]] ou [[selenio]], co que se logra a ligazón das cadeas elastómeras, para mellorar a súa resistencia ás variacións de temperatura e elasticidade. Desde [[1823]] utilízase o caucho como material para fabricar pezas de vestir, baseándose en que este tipo de roupa forma unha "segunda pel". O caucho é unha proposta para o futuro como illante na industria motora.
 
== Técnicas de moldeo do caucho ==
=== Moldeo por compresión ===
O moldeo por compresión é unha técnica na cal a materia prima -en forma de [[po]]- é introducida nun molde calefaccionado a unha temperatura entre 140 º °C e 160 º °C, e sometido a unha elevada presión. A calor e a presión mantéñense ata que a reacción finaliza. Ao cabo duns minutos -determinados a partir do espesor da peza- prodúcese a plastificación e curado dentro do mesmo molde, para logo retirar a peza terminada.
 
Este método de moldeo é utilizado para producir interruptores de electricidade e porta fusibles, [[electrodoméstico]]s, [[maquinaria]]s, medidores de gas e luz, entre outras aplicacións.
 
=== Moldeo por transferencia ===
No moldeo por transferencia o proceso é similar ao anterior, coa diferenza de que a materia prima se quenta previamente antes de ser introducida no molde e transferida hidráulicamente. Este sistema úsase xeralmente en moldes con movementos e que teñan ocos, insertos, postizos, etc.
 
=== Moldeo por inxección ===
No moldeo por inxección a materia prima é colocada nunha [[tolva]], e por gravidade cae dentro da máquina que, a través dun parafuso calefaccionado, inxéctase a presión dentro do molde pechado, cunha temperatura inferior á da materia prima inxectada. Logo duns segundos retírase a peza terminada. A presión da inxección é alta, dependendo do material que se está procesando.
 
O moldeo por inxección é un proceso rápido, moi apto para producir gran cantidade de produtos idénticos. Desde compoñentes de enxeñería de alta precisión ata bens de consumo de uso común.
 
=== Proceso de deshumificación ===
A deshumificación é un proceso mediante o cal, a través dun sistema automático, colócase a materia prima a utilizar a niveis desexados de humidade que son propios de cada material e do produto que se desexa fabricar.
 
Todas as materias primas hidroscópicas deben ser sometidas a procesos de deshumificación.
 
=== Atemperadores de molde ===
Os atemperadores son sistemas por medio dos cales é posible aumentar ou diminuír a temperatura do molde durante o proceso de premoldeado. A temperatura que debe alcanzar o molde nesta instancia depende da materia prima que se vai a utilizar. Na maioría dos casos a información sobre a temperatura de premoldeado é fornecida polo fabricante. Os procesos de atemperamento realízanse con todos os materiais da industria plástica.
 
 
 
[[Categoría:Materiais]]
Liña 68 ⟶ 66:
[[ro:Gumă]]
[[ru:Резина]]
[[si:ශ්‍රී ලංකාවේ රබර් කර්මාන්තය - ශ්‍රී ලංකා]]
[[simple:Rubber]]
[[sl:Guma]]