Daltonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Дальтонізм
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ko:색각 이상; cambios estética
Liña 5:
O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelo recesivo ligado ao [[cromosoma X]], o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual ca na [[hemofilia]].
 
== Como se perciben as cores? ==
Ao mirar un obxecto con cor, a cor percibida nese momento pode variar dependendo de cando se volva mirar. Por exemplo, á noitiña as cores semellan diferentes de cando se ven coa luz do Sol, e tampouco é o mesmo a percepción con luz natural ou con luz artificial. Por iso ao elixir cores para decorar un interior debe terse en conta o tipo de luz ou a fonte de luz que hai na habitación: se a luz é natural ou artificial, se hai moita ou pouca luz, se a luz é directa ou indirecta, etc.
 
=== Por que se ven os obxectos de determinadas cores? ===
Os obxectos absorben e reflicten a luz de forma distinta dependendo das súas características físicas, como a súa forma ou composición etc. A cor que percibimos dun obxecto é o raio de luz que rexeita. Nós captamos eses -rebotes- con diferentes lonxitudes de onda, por medio dos ollos grazas á súa estrutura. Se os raios de luz atravesan ao obxecto, este é invisible.
 
Liña 21:
Os daltónicos non distinguen ben as cores por erro dos xenes encargados de producir os pigmentos dos conos. Así, dependendo do pigmento defectuoso, a persoa confundirá unhas cores ou outros. Por exemplo se o pigmento defectuoso é o do vermello, o individuo non distinguirá o vermello nin as súas combinacións. Tamén pode darse o daltonismo por falta dun tipo de cono, tendo así só dous.
 
== Tipos de daltonismo ==
=== Monocromáticos ===
Como o seu nome indica, estes individuos só posúen un tipo de cono e só poden ver un tipo de cor.
 
=== Dicromáticos ===
Estas persoas posúen dous tipos de conos. A afección preséntase con variantes, poden haber individuos cegos á cor vermella, individuos que confunden sombras de vermello, verde e amarelo; ou individuos cegos ao azul e que á súa vez confunden sombras de verde e azul ou laranxa e rosa.
 
=== Tricromáticos anómalos ===
É cando a persoa posúe os tres tipos de conos, con defectos funcionais, polo que confunden unha cor con outra. É o grupo máis abondoso e común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben as tons das cores alteradas. Adoitan ter defectos semellantes aos daltónicos dicromáticos, pero menos notables.
 
=== Acromáticos ===
É cando os conos das persoas non funcionan e só teñen visión en branco e negro. Esta condición é moi rara xa que se viu en moi poucos casos.
 
== Curiosidades ==
[[Ficheiro:Mavrica.jpg|thumb|right|280px|Os daltónicos son incapazes de discernir as sete cores dun [[arco da vella]].]]
* O daltonismo pode representar unha vantaxe evolutiva sobre as persoas portadoras de visión normal, tal como foi descrito nun artigo publicado pola [[BBC|BBC Online]]. [http://www.bbc.co.uk/dna/h2g2/alabaster/A134308]
* Unha pesquisa feita por cientistas da [[Universidade de Cambridge]] demonstrou que algunhas formas de daltonismo poden proporcionar unha mellor visión dalgunhas cores.
* Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] descubriuse que os soldados daltónicos tiñan máis facilidade para detectar obxectos[[Camuflaxe|camuflados]].
* Os daltónicos posúen unha [[visión nocturna]] superior á dunha persoa con visión normal.
* Os daltónicos son capazes de identificar máis [[ton]]s de [[violeta]] cas persoas de visión normal.
* A maioria dos daltónicos non sabe que posúe esta anomalia.
* A percepción das cores varía moito dunha persoa con daltonismo a outra.
* O pintor [[Vincent van Gogh]] sufría de daltonismo.
* A incidencia de daltonismo é maior entre os descendentes de [[Europa|europeos]].
* Normalmente as cores predilectas desta alteración xenética son o azul e o vermello, por seren cores vivas.
* Para os daltônicos o arco da vella non posúe 7 cores.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Ishihara 1.PNG|<center>12
Liña 56:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.webpersonal.net/unsitiomas/test_daltonismo.htm#testdaltonismo Test de daltonismo]
* [http://www.opticien-lentilles.com/daltonien_beta/nueva_test_daltoniano.php Nova proba para daltonismo ]: esta proba pon de relevo e cuantifica as súas debilidades ás distintas cores.
 
{{Link FA|pt}}
 
[[Categoría:Doenzas xenéticas]]
 
{{Link FA|pt}}
 
[[ar:عمى الألوان]]
Liña 85:
[[it:Daltonismo]]
[[ja:色覚異常]]
[[ko:색맹색각 이상]]
[[ku:Rengkorî]]
[[mk:Далтонизам]]