Cariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mk:Карињо; cambios estética
Liña 64:
Xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> : {{Dic|Cariñés}} - Cariñesa
 
== Xeografía ==
=== Serra da Capelada ===
Elévase na parte occidental do Concello e descende cara ó [[Océano Atlántico]] con elevados cantís, un dos cales, o de Herbeira, é considerado o máis alto da Europa continental.
 
Os montes máis destacados da Capelada son:
* [[Monte Herbeira]] (613 m).
* [[Monte Limo]] (558 m).
* [[Monte Miranda]]).
 
=== Zona oriental ===
A zona oriental do Concello está formada polo descenso dos montes, de forma suave, cara á [[Ría de Ortigueira]]. Nesta zona situánse todos os núcleos de poboación do Concello, a maior parte dos cales preto da ría.
 
=== Ríos ===
Hai cinco grandes ríos no Concello:
* [[Río Soutullo]]
* [[Río Maguleiro]]
* [[Río Sagrón]]
* [[Río Lourido]]
* [[Río Seixo]]
* [[Río de Barreiros]]
 
Todos eles nacen na Serra da Capelada e descenden cara ó Oriente. Trátase de ríos de augas polo xeral rápidas, e moi curtos.
 
=== O Cabo Ortegal ===
O punto xeográfico máis importante do Concello é a Punta dos Aguillóns ([[Cabo Ortegal]]). Situado no extremo septentrional de Cariño, constitúe o punto de división entre o [[Océano Atlántico]] e o [[Mar Cantábrico]]
 
== Clima ==
Dentro do Concello, hai tamén dúas áreas ben diferenciadas. Na cima dos montes da Serra da Capelada, as precipitacións son elevadas todo o ano (2000 mm); debido á protección destes mesmos montes, as chuvias redúcense lixeiramente na zona oriental do Concello (aproximadamente uns 1000 mm).
A temperatura media anual sitúase entre os 13º e os 14º.
 
== Comunicacións ==
A principal estrada de Cariño (CP-6121) conéctao con [[Mera de Baixo, Ortigueira|Ponte de Mera]], en [[Ortigueira]], e transcorre case a carón da costa, a través das parroquias de [[Feás, Cariño|Feás]], [[Landoi, Cariño|Landoi]], [[Sismundi, Cariño|Sismundi]], [[A Pedra, Cariño|A Pedra]] e, finalmente, [[Cariño, Cariño|Cariño]]. Dende aquí, pódese continuar cara ó Cabo Ortegal por unha estrada local; de igual forma pódese subir á [[Serra da Capelada]] mediante dous ramais, un que parte de [[Feás, Cariño|Feás]] e o outro, de [[A Pedra, Cariño|A Pedra]].
 
== Economía ==
O Concello de Cariño é economicamente activo. O sector de maior importancia é o da pesca, tanto polos empregos que crea de forma directa como polas industrias conserveiras que se sitúan en Cariño. Na parroquia de [[Santiago de Landoi]] hai unha mina de [[dunita]].
 
== Historia ==
Os restos atopados na Serra da Capelada evidencian que o concello estaba xa poboado na época prehistórica: no monte do Limo acháronse lascas de sílex, e hai cinco dolmens (No Coto de Lodeiro, na Cova da Fornela, no Coto da Zarza e dous no monte de Herbeira).
 
Liña 124:
Cariñeses coñecidos son [[Xico de Cariño]] (músico), Domingo Blanco (profesor e ensaísta), Andrés Amable Breijo (militar) ou [[Puri Seixido]] (guionista e escritora).
 
== Goberno municipal ==
Trala segregación de Ortigueira das parroquias que constituirían o concello de Cariño, en 1988, o socialista [[José Luis Armada]] pasou a ser o seu alcalde, unha condición que revalidaría nos comicios locais de 1991. Abriríanse despois dous mandados (de 1995 a 2003) con Fernando Tallón (PP) como novo alcalde.
 
Porén, en 2003 e 2007 Armada voltaría a ser alcalde, nunha corporación que, en ámbalas dúas citas, estivo composta por 5 edís do PSdeG-PSOE, 4 do PP e 2 do BNG. Situación que abocou a senllos gobernos de coalición entre socialistas e nacionalistas.
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes de Cariño}}
<gallery>
Liña 138:
</gallery>
 
== Parroquias ==
{{Cariño}}
 
== Lugares de Cariño ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cariño vexa: [[Lugares de Cariño]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Véxase}}
=== Outros artigos ===
* [[Eleccións municipais en Cariño]]
 
[[Categoría:Concellos galegos]]
Liña 160:
[[eu:Cariño (A Coruña)]]
[[it:Cariño]]
[[mk:Карињо]]
[[nl:Cariño]]
[[pam:Cariño]]