Igrexa ortodoxa siríaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: an:Ilesia Ortodoxa Siriana; cambios estética
Liña 1:
A '''Igrexa Siríaca''' é unha Igrexa de [[credo]] [[Monofisismo|monofisista]], nada ao redor do antigo patriarcado de [[Antioquía]] e que se remonta nas súas raigames [[semítica]]s ao mencer do cristianismo. É unha das Igrexas que primeiramente se estableceu fóra de [[Palestina]] como unha Igrexa apostólica. Foi en Antioquía onde os seguidores de [[Xesús de Nazareth]] foron chamados cristiáns, tal como se relata nos [[Feitos dos Apóstolos]].
 
== Orixes ==
Segundo as máis antigas tradicións do cristianismo primitivo, a Igrexa de Antioquía é a segunda Igrexa establecida despois de [[Xerusalén]] e a súa preminencia apostólica está fóra de toda dúbida. No ''Chronicon'' de [[Eusebio de Cesarea]] afírmase que o propio [[San Pedro]] se estableceu alí, fundando un bispado e sendo o seu primeiro bispo.
 
No século V, na cristiandade existían patriarcados en [[Alexandría]], [[Constantinopla]], [[Antioquía]] e [[Roma]]. Dende 1293, os patriarcas de Antioquía adoptaron o nome de Ignacio en honra de [[San Ignacio de Antioquía]], martir do século II que deixou diversas cartas onde da testimuño do súa condución ao martirio.
 
No ano [[518]], o patriarcado foi obrigado a desprazarse a diversas localidades ata establecerse definitivamente no mosteiro de [[Dayro d-Mor Hananya]], tamén chamado Kurkmo Dayro, en Mardin, [[Turquía]] no século XIII. Tras as persecucións e matanzas de principios de século polos patriotas turcos e os kurdos, en 1957, refuxiouse en [[Damasco]]
Liña 16:
No século II, os textos bíblicos xa circulaban en [[siríaco]], o que se supón que é unha volta aos substratos semíticos dos textos gregos, polo que son moi apreciados polos escrituristas e exéxetas para entenderen o primeiro cristianismo e a figura e os ditos do Xesús histórico.
 
== Cisma ==
 
A Igrexa de Antioquía non aceptou o [[Concilio de Calcedonia]] (451); considerouno unha treizón aos concilios de [[Nicea]] e [[Éfeso]] e alineouse coa Igrexa de Alexandría ([[Igrexa Ortodoxa Copta]]) na defensa da única natureza do Verbo Encarnado. A fe de calcedonia que falaba de dúas naturezas en Cristo, foi considerada dualista. Antioquía, Alexandría e Armenia consideraron que se puña en cuestión a unidade da persoa de [[Xesús]], verdadeiro Deus e verdadeiro home. Denunciaron que se estaba perante unha recaída no [[nestorianismo]], a vella herexía nada en [[Bizancio]].
Liña 26:
Os siríacos tiveron o seu propio cisma interior, unha comunidade aglutinada ao redor do sartego de [[San Marón]] non aceptou o monofisismo, e acabou acubillándose nos bosques do Líbano. Son os [[maronita]]s, que se encontraron os cruzados e que aceptaron, na época do [[Reino Latino de Xerusalén]], a autoridade do [[Papa]]. Aínda que conservan a liturxia siríaca, hoxendía o seu ritual consérvase moi latinizado.
 
== Persecucións e xenocidios ==
 
Co primeiro [[Islam]], o cristianismo siríaco coñeceu unha época de paz e esplendor, pero, co tempo, foi recibindo duros golpes dos [[turcos selxúcidas]], das [[Cruzadas]], dos [[mongoles]], dos [[mamelucos]] e dos [[otomanos]]. Ata a [[idade contemporánea]], o máis terrible foi o sanguinario dominio de [[Tamerlán]], ao redor de 1400. A florecente Igrexa siríaca xamáis volverá a coñecer momentos de gloria.
Liña 34:
Isto marcou o inhumano ''sefer berlik'' (o éxodo) cara a Siria, Líbano, Iraq, e Palestina. Algúns mesmo atravesaron o [[Atlántico]] e fundaron novas Igrexas nos [[Estados Unidos]]. A [[guerra de Iraq]] deixou as pequenas comunidades siríacas inermes naquel país, ao igual que ás comunidades cristiáns da antiga [[Igrexa de Asiria]]. Esta guerra supuxo o fin da civilización cristiá milenaria en [[Mesopotamia]].
 
== Crenzas e culto ==
 
O Credo desta Igrexa é o Credo de Nicea: Cren na Unidade de Deus consistente na comuñón, nunha mesma esencia, de tres persoas distintas -Pai, Verbo (Fillo), e [[Espírito Santo]]- este último denominado coa palabra feminina ''ruho'' (vento). María de Nazareth é considerada, consonte a fe de [[Éfeso]] ''yodath aloho'' (Nai de Deus). Cren, así mesmo, que a encarnación do Verbo no home Xesús, a súa morte e [[resurrección]], foron a manifestación salvadora do amor de Deus en beneficio de toda a humanidade. A aceptación na propia vida desta salvación, transforma interiormente ao individuo e o destina á [[Vida Eterna]].
 
Teñen sete [[sacramento (relixión)|sacramentosacramentos]]s, que se imparten nunha rica e lírica liturxia como signos reais do amor gratuíto de Deus (graza que renova a cada home e á Creación enteira).
 
Os crentes máis devotos conservan diversas formas de culto, entre as que están as sete oracións do día coa ollada cara o Leste. Conservan tamén a prokinesis, ou postración, e outros elementos que foron adoptados polo [[Islam]]. O día eclesiástico comeza co solpor. A ''Qurbono'' (eucaristía), é celebrada cada domingo. As vestimentas dos sacerdotes e diáconos son ricas en simbolismo e únicas no contexto da historia das relixións. Os himnos litúrxicos son un auténtico tesouro denominado (''Beth Gazo'') e seguen a ser referencia para os estudosos da espiritualidade cristiá oriental. Nas igrexas siríacas, á diferencia da [[Igrexa Ortodoxa]], non ten iconostasio, o velo do templo descóbrese para dar visión do altar aos fieis como expresión da fusión entre Ceo e Terra.
Liña 44:
As normas morais baséanse no amor a Deus e ao próximo, incluído o inimigo. Durante o Qborno o bico da paz repártese entre todos os fieis dende a primeira fila ata a derradeira. De mentalidade moi conservadora, os siríacos teñen grande aprecio ao matrimonio e á familia, conservando, ata hai pouco, estruturas amplas a modo de clans. Os sacerdotes poden estar casados, non así os bispos.
 
== Xerarquía e ministerios ==
 
A cabeza da Igrexa é Cristo mesmo, que actúa polo seu [[Espírito Santo|Espírito]]. Humanamente, a suprema autoridade moral descansa sobre o Patriarca de Antioquía e todo o Leste. Existe un criterio de colexialidade nada centralista que ten expresión no Santo Sínodo, a asemblea dos bispos.
Liña 50:
A autoridade suprema na India é o Catholicos de Malankara, que preside o sínodo nesta localidade e recoñece a supremacía do patriarca de Antioquía. Os bispos deben seren ordenados por, polo menos, outros dous. Á fronte das parroquias están os vicarios. Existe un consello parroquial elixido polos fieis. Os diáconos axudan aos sacerdotes no culto, os lectores (''quoruyo'') e os cantores ou (''mzamrono'')
 
== Situación actual ==
Neste momento hai uns 200.000 cristiáns siríacos. Existen dúas dioceses en Siria, pero no Líbano e en Iraq a situación é insostible. Refuxiado en Damasco, o patriarca mar Ignacio Zaqqa Ivas I, procura soster unhas comunidades en franca disolución e retroceso. Comprometido co [[ecumenismo]], asinou con [[Xoán Paulo II]], unha declaración cristolóxica que supuxo un paso decisivo na superación dos malentendidos dogmáticos milenarios.
 
Na India, existen aínda máis dun millón de fieis.
 
[[Categoría: cristianismoCristianismo]]
 
{{Link FA|ar}}
 
[[an:Ilesia OrtodoaOrtodoxa Siriana]]
[[ar:الكنيسة السريانية الأرثوذكسية]]
[[arc:ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܐܪܬܘܕܟܣܝܬܐ]]