Lucio Cornelio Sila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: an:Lucio Cornelio Sila
SVG map
Liña 6:
Loitou co exercito de [[Mario]] na guerra contra [[Iugurta]], no 107, grazas as súas habilidades diplomáticas conseguiu que [[Bocco]] lle entregase a [[Iugurta]]. Sila permaneceu ao mando de [[Mario]] durante a guerra entre os [[cimbrios]] e os [[teutóns]] ata o 102 a.C. Daquela abandonou a [[Mario]] para servir co [[Quinto Cátulo]], conseguiu a vitoria de [[Campi Raudii]] en el 101 a.C. Sila fracasou en ser elixido pretor para o 98 pero grazas a unha serie de cuantiosos sobornos foi elixido no 99 a.C.
 
[[Ficheiro:Cimbrians and Teutons invasions.pngsvg|right|200px|thumb|left|As migracións de cimbrios e teutóns]]
 
Sila iniciou a súa carreira (107 a.C) servindo como cuestor durante a guerra contra o rei de [[Numidia]], [[Iugurta]], baixo as ordes de [[Caio Mario]]. O rei númida levaba anos hostigando aos romanos con gran éxito, e a pesar do avance logrado por [[Mario]], o duro conflito prolongábase. Sila foi enviado en calidade de embaixador a parlamentar co sogro do esquivo monarca númida, o tamén rei [[Bocco]] de Mauritania, co cal trabou amizade e logrou convencer para que traizoase a [[Iugurta]], apresándoo para os romanos (105 a.C). O evento proporcionou a Sila un gran prestixio militar e unha considerable popularidade tanto co cónsul coma cos soldados, atribuíndoselle a fin da guerra. [[Plutarco]] afirma que esta circunstancia foi o comezo da frición ente [[Mario]] e Sila, posto que aquel se volveu envexoso do éxito do seu subordinado e este non facía senón botar leña ao lume cunha actitude fanfarrona que atopou eco entre algunhas persoas, inimigos políticos de [[Mario]].