Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
sigo ampliando a páxina
Liña 10:
Ademais, e grazas ao rexistro unificado de contas, é posible ter acceso a todos os proxectos da [[Fundación Wikimedia]] baixo o mesmo nome de usuario e contrasinal. Isto permite posuír unha conta global e navegar a través de diferentes wikis sen a necesidade de acceder ao sistema en cada un deles, aforrando tempo que podes empregar en facer edicións.
 
==Como crear unha conta?==
Para rexistráreste na [[Galipedia]], cómpre a creación dunha conta de usuario. O primeiro que debes facer é premer sobre a ligazón "'''[[Especial:Rexistro|Rexistro]]'''" que aparece no canto superior dereito de cada páxina. Unha vez que esteas neste formulario, dálle á ligazón "'''[[Especial:Rexistro/signup|Cree unha conta]]'''". Nestoutro formulario terás que fornecer un nome de usuario<ref>Tan só existen algunhas restricións técnicas na creación de certas contas con algúns símbolos ou caracteres non latinos, ou se o nome elixido é moi similar a outro xa existente.</ref> e un contrasinal. Por suposto, o nome escollido non ten por que ser o teu nome real, podes empregar un alcume e así agochar a túa identidade. Á parte deses datos, tamén podes incluír opcionalmente o teu enderezo de [[correo electrónico]], como xeito de contacto privado con outros usuarios mediante un formulario de envío de mensaxes e permite a recuperación do contrasinal por se che esqueces del.
 
Unha vez feito isto, preme en "'''Crear unha conta nova'''" e xa te terás convertido nun usuario máis da [[Galipedia]]!
 
==Como acceder ao sistema==
O primeiro é asegurarse de que o teu [[Navegador web|navegador]] acepta ''cookies''. Algúns navegadores poden aceptar ou rexeitar ''cookies'' dalgúns sitios en concreto; estes usuarios deben configurar o navegador para aceptar as ''cookies'' de cada wiki onde teñan pensado editar, como ''wikipedia.org''.
 
Para acceder ao sistema como usuario preme sobre a ligazón "'''[[Especial:Rexistro|Rexistro]]'''" que hai no recuncho superior dereito da páxina. Chegarás ata un formulario onde só terás que escribir o teu nome de usuario e o teu contrasinal, ambos elixidos durante o proceso de creación da túa conta, e rematar dándolle ao botón "'''Acceder ao sistema'''".
 
A caixa "''Lembrar o meu contrasinal neste ordenador''" é útil para non ter que dar o contrasinal cada vez que accedas a un wiki MediaWiki desde o mesmo ordenador. Non obstante, esta característica só funciona se o teu contrasinal non foi xerado polo software de MediaWiki. Ten en conta tamén que as ''cookies'' co teu nome de usuario e contrasinal caducan aos 30 días do acceso, a menos que saias do sistema manualmente.
 
==Notas==
Liña 21 ⟶ 28:
{{Enuso}}
==Como rexistrarse==
Para conectarte como usuario só tes que escribir ''o teu nome de usuario'' e ''a túa clave'', marcar a casilla de "'''Lembrar o meu contrasinal neste ordenador'''" (opcional) e darlle ao botón "'''Acceder ao sistema'''".
 
Unha vez que esteas rexistrado podes acceder á túa páxina de usuario (''Usuario:Nome_usuario'') facendo clic no teu nome na parte superior da páxina. Podes [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editala]] da mesma forma que o resto das páxinas da Wikipedia.