Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
continúo coa reforma, aproveitando o texto anterior e traendo novo propio e mais de en.wp
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
 
==Que supón?==
A creación dunha conta de usuario implica ter un nome de usuario (que pode ser o teu nome real ou un [[alcume]] ou [[pseudónimo]]) e un [[contrasinal]]. Os nomes de usuario non poden estar repetidos e a creación dunha conta realízase só unha vez. É entón cando ''accederás ao sistema''. As vindeiras veces que pases por aquí, só terás que dar o teu nome de usuario de novo e demostrar co contrasinal que es a mesma persoa.
 
As edicións que leves a cabo rexistraranse baixo o teu nome de usuario. Se, pola conta, non accediches ao sistema, estas ficarán nos historiais como realizadas polo teu enderezo IP.
 
Ademais, e grazas ao rexistro unificado de contas, é posible ter acceso a todos os proxectos da [[Fundación Wikimedia]] baixo o mesmo nome de usuario e contrasinal. Isto permite posuír unha conta global e navegar a través de diferentes wikis sen a necesidade de acceder ao sistema en cada un deles, aforrando tempo que podes empregar en facer edicións.
 
==Como crear unha conta?==
Para rexistráreste na [[Galipedia]], cómpre a creación dunha conta de usuario. O primeiro que debes facer é premer sobre a ligazón "'''[[Especial:Rexistro|Rexistro]]'''" que aparece no canto superior dereito de cada páxina. Unha vez que esteas neste formulario, dálle á ligazón "'''[[Especial:Rexistro/signup|Cree unha conta]]'''". Nestoutro formulario terás que fornecer un nome de usuario<ref>Tan só existen algunhas restricións técnicas na creación de certas contas con algúns símbolos ou caracteres non latinos, ou se o nome elixido é moi similar a outro xa existente.</ref> e un contrasinal. Por suposto, o nome escollido non ten por que ser o teu nome real, podes empregar un alcume e así agochar a túa identidade. Á parte deses datos, tamén podes incluír opcionalmente o teu enderezo de [[correo electrónico]], como xeito de contacto privado con outros usuarios mediante un [[Especial:Correo electrónico de usuario|formulario de envío de mensaxes]] e permite a recuperación do contrasinal por se che esqueces del.
 
Unha vez feito isto, preme en "'''Crear unha conta nova'''" e xa te terás convertido nun usuario máis da [[Galipedia]]!
Liña 17:
==Notas==
{{Listaref}}
 
 
{{Enuso}}