Décimo Xunio Bruto Galaico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bg Eliminado: ja, pl Modificado: de
traxectoria
Liña 1:
'''Décimo Xunio Bruto''' ('''Decimus Iunius Brutus''' en latín) foi un xeneral e político [[Roma antiga|romano]] do século II a. C.
 
== Traxectoria ==
Bruto, cónsul no ano [[-138|138 a. C.]], dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do [[río Texo]] logo da morte de [[Viriato]]. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de [[Almourol]], nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo ([[Lisboa]]). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos enfrontamentos coas poboacións locais. Fundou Valentia cos supervivintes do exército de Viriato. Estableceu unha posición fortificada en [[Viseu]], e xa como procónsul, no ano [[-137|137 a. C.]] cruzou o [[río Douro]] e entrou no territorio dos ''[[callaeci]]'' ou galaicos, arredor da actual [[Porto, Portugal|Porto]], pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao [[río Limia]] (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perder a memoria, Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo [[Estrabón]] chegou ao [[río Miño]].