Ifixenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Ifigenia; cambios estética
Liña 2:
'''Ifixenia''' era unha dos catro fillos de [[Agamenón]], rei da cidade de [[Micenas]], e da raíña [[Clitemnestra]].
 
== Ifixenia en Áulide ==
[[Agamenón]] incorrera na cólera de [[Artemisa]], a deusa da caza, e a flota aquea atopábase paralizada en [[Áulide]] por unha calma persistente. Foi interrogando o adiviño [[Calcante]] e este respondeu que a cólera da deusa unicamente podería ser aplacada se [[Agamenón]] consentía en sacrificarlle á súa filla Ifixenia.
 
[[Agamenón]] negouse ó principio, mais, presionado pola opinión xeral houbo de ceder. Mandou vir á súa filla có pretexto de prometela con [[Aquiles]], e ordeou que [[Calcante]] a inmolase no altar de [[Artemisa]]. Pero no instante supremo, a deusa apiadouse da rapaza e puxo no seu lugar, como vítima, unha cerva. Levouna a [[Táuride]], e converteuna na súa sacerdotisa.
 
== Ifixenia en Táuride ==
[[Ficheiro:Pompeii - Casa dei Vettii - Triclinium - Iphigeneia.jpg|right|thumb|300px|Escea de Ifixenia en [[Tauride]] de [[Eurípides]],[[fresco]] no [[triclinium]] da [[Casa de Vettii]] en [[Pompeia]].]]
A rapaza vivíu moitos anos en [[Táuride]] ó servizo da deusa. A súa misión era sacrificar a todos os estranxeiros que algún naufraxio arroxaba á costa do país. Ata o día no que recoñeceu en dous forasteiros que ían conducidos á súa presencia para ser sacrificados, ó seu irmán [[Orestes]] e a [[Pílades]], enviados polo oráculo de [[Delfos]] a [[Táuride]] en busca da estatua de [[Artemisa]], de quen ela era sacerdotisa. Abandonando o seu sacerdocio, Ifixenia entregoulles as imaxes e fuxíu con eles a [[Grecia]].
 
== Fuxida de Ifixenia a Grecia ==
 
Durante a viaxe de regreso Ifixenia e o seu irmán xunto con [[Pílades]], abordaron na cidade de [[Estemintio]], na costa de [[Tróade]], onde [[Apolo]] estaba un sacerdote,[[Crises]], que tiña ó seu carón a un fillo da súa filla [[Crispida]] e de [[Agamenón]], nacido durante o cativerio da rapaza no campamento grego. Este fillo chamábase como o seu avó, a quen sucedera como sacerdote. Pasaba por ser fillo de [[Apolo]].
Ao chegar os fuxitivos, perseguidos por [[Toante]], rei de [[Táuride]], o mozo [[Crises]] matou a [[Toante]] e seguiu ata [[Micenas]] cós seus irmáns.
 
== Variantes do mito ==
Algunhas versións chegan a presentar a Ifixenia como a filla de [[Criseida]], no lugar de [[Clitemnestra]]. Segundo esta variante, fora raptada por piratas na viaxe de regreso, cando [[Agamenón]] voltaba a [[Grecia]] despois da toma de [[Troia]]. O mozo [[Crises]] morrera en [[Crisópolis]] ([[Bitinia]]), cidade que se chamaba así na súa lembranza.
 
Outra variante torna a Ifixenia na filla que [[Teseo]] tivo de [[Helena]] cando a secuestrou antes do seu matrimonio.Salvada polos [[Dioscuros]], os seus irmáns, [[Helena]] xuroulles que permanecera virxe. En realidade dera a luz clandestinamente a unha nena, que confiou á súa irmá [[Clitemnestra]], a cal criouna como filla propia.
 
== Distintos finais do mito ==
Contábase ás veces que Ifixenia morrera en [[Mégara]], onde tiña un santuario; outras, que [[Artemisa ]]concedéralle a inmortalidade, identificándoa coa deusa [[Hécate]]; outras veces, incluso que levaba unha vida misteriosa casada con [[Aquiles]], na [[Illa Branca]], na desenbocadura do [[Danubio]]. De este xeito teríase feito a unión de Ifixenia e [[Aquiles]] proxectada por [[Agamenón]], nun principio, como pretexto, se ben despois teríana desexado [[Aquiles]], e tal vez a mesma doncela e que só o sacrificio a impedira.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Iphigeneia}}
 
Liña 37:
[[el:Ιφιγένεια]]
[[en:Iphigenia]]
[[es:Ifigenia]]
[[et:Iphigeneia]]
[[fa:ایفیگنیا]]
Liña 46 ⟶ 47:
[[ja:イーピゲネイア]]
[[ko:이피게네이아]]
 
[[lt:Ifigenija]]
[[nl:Iphigenia (Griekse mythologie)]]