Ascoli Piceno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Ascoli Piceno
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lmo:Ascoli Piceno; cambios estética
Liña 3:
'''Ascoli Piceno''' é a capital da [[provincia de Ascoli Piceno]], na rexión das [[Marcas]], [[Italia]]. Ten unha poboación de 50.135 habitantes.
 
== Xeografía ==
A cidade está situada na confluencia do río [[Tronto]] co torrente Castellano, e está rodeada por montañas. Dous parques naturais atópanse nas proximidades da cidade, un no flanco noroeste (''Parco Nazionale dei Monti Sibillini''), e outro no flanco sur (''Parco Nazionale dei Monti della Laga''). Ascoli está ben conectada por ferrocarril coa costa [[Mar Adriático|adriática]] e coa cidade de [[San Benedetto del Tronto]], e por estrada con [[Roma]] e [[Porto d'Ascoli]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Ascoli01.jpg|thumb|300px|Ascoli Piceno, Palazzo dei Capitani del Popolo.]]
 
Liña 17:
Este último foi expulsado en [[1482]], pero Ascoli quedou baixo a soberanía [[Estados Pontificios|papal]]. Ascoli viviu entón case dous séculos de estancamento cultural, económico, converténdose nun pequeno centro agrícola ata as guerras napoleónicas. En [[1860]] foi anexionado, xunto con [[Marcas]] e [[Umbría]] no [[Reino de Italia]].
 
== Monumentos principais ==
O casco histórico da cidade está construído cun tipo de mármore chamado [[travertino]], de tons grises e extraído das montañas circundantes. A súa praza central de estilo [[Renacemento|renacentista]], a ''Piazza do Popolo'', é considerada unha das máis fermosas de Italia. Segundo as tradicións, en Ascoli Piceno alzábanse máis de duascentas torres na Idade Media; hoxe aproximadamente cincuenta delas aínda se manteñen en pé.
 
=== Igrexas e conventos ===
* A '''Catedral de San Emidio''', alberga un altar de [[Carlo Crivelli]], que viviu e traballou na cidade e arredores durante moitos anos.
* A igrexa de '''San Francisco''', de estilo gótico, comezada en [[1258]] e completada en [[1549]]. Na entrada lateral atópase un monumento ao papa [[Xullo II]], mentres que a entrada central é un dos exemplos máis fino da decoración local travertina. Anexo á igrexa atópase un edificio do século XVI, a '''Loggia dei Mercanti''', de estilo [[Bramante]]sco.
* A igrexa románica de '''San Vitorio''' (coñecida desde [[996]]) cunha fachada principal e un pequeno campanario.
* A igrexa de '''San Augustín''' ([[século XIV]]). Construída cunha soa nave, foi ampliada con dúas ás ao final do [[século XV]]. A fachada rectangular ten un pórtico de [[1547]] similar ao de San Emidio. Destacan tamén as casas conventuales, a biblioteca, a galería de arte contemporánea e un auditorio.
* O convento de '''Santo Domingo''', agora unha escola, ten un claustro renacentista con frescos do [[século XVII]].
* A igrexa de '''San Pedro Martir''' ([[século XIII]]), cun pórtico lateral de ''Cola d'Amatrice''. O interior contén o precioso relicario da Espiña Sacra, un agasallo de [[Felipe IV de Francia]].
* A igrexa de ''Santo *Tomás''' ([[1069]]), albergando numerosos traballos artísticos e construído con partes do veciño anfiteatro romano.
* O convento franciscano, do que son dignos de mención os claustros que perduraron ata hoxe. Foi un prestixioso centro de cultura, entre cuxos estudantes destaca ao Papa [[Sixto V]].
* O '''Palazzo dei Capitani do Popolo''' (''Palacio do Capitán do Pobo''). Construído no [[século XII]] conectando tres edificios preexistentes, foi a sede do [[podestà]], o capitán da xente e despois, do gobernador. No [[século XV]] o lado Sur foi ampliado e en [[1520]], unha fachada manerista engadiuse na parte traseira. En [[1535]] pasou por unha renovación xeral e en [[1549]] engadiuse un novo pórtico cun monumento do papa [[Pablo III]].
 
=== Outros edificios ===
* '''Ponte romana'''
* '''Palacio Lombardo''' e '''Torre Ercolani''' (séculos XI-XII)
Liña 39:
En Castel Trosino, non lonxe da cidade, en 1893 achouse un raro exemplo dunha [[necrópole]] [[longobardos|longobarda]] do [[século VI]].
 
== Economía ==
A industrialización recente levou a varias empresas italianas e multinacionais (YKK, Manuli, Pfizer) a instalarse en Ascoli, pero a maior parte da economía baséase nas pequenas e medianas empresas clasificadas e no sector servizos. A agricultura é aínda importante (trigo, olivas, froitas).
 
== Cultura e deporte ==
A festividade principal é o primeiro domingo de agosto. En honra a San Emidio, patrón da cidade, celébrase un desfile histórico con máis de 900 persoas vestidas con traxes do [[Renacemento]]. O desfile é seguido dun torneo, chamado Quintana, en cal seis cabaleiros, cada un competindo por unha das seis veciñanzas da cidade, galopan un tras outro tratando de golpear a efixie dun guerreiro árabe. A forza e a habilidade son necesarias para o cabaleiro para gañar o palio, é dicir, o premio principal.
 
A cidade conta tamén cun equipo de fútbol, o [[Ascoli Calcio 1898]], actualmente na [[Serie B]] da liga italiana.
 
== Fraccións ==
Ascoli Piceno divídese nas seguintes [[Fracción comunal|fraccións]]:
Bivio Giustimana, Campolungo-vila sant'Antonio, Caprignano, Carpineto, Casa circondariale, Casalena, Casamurana, Case di Cioccio, Casette, Castel dei Lama stazione, Castel Trosino, Cervara, Colle, Colle san Marco, Colloto, Colonna, Colonnata, Faiano, Funti, Giustimana, Il Palazzo, Lago, Lisciano, Lisciano dei Colloto, Montadamo, Morignano, Mozzano, Oleificio Panichi, Palombare, Pedana, Piagge, Pianaccerro, Poggio dei Bretta, Polesio, Ponche Pedana, Porchiano, Rosara, San Pietro, Santa Maria a Corte, Talvacchia, Taverna dei mezzo, Trivigliano-vila Pagani, Tronzano, Val Fiorana, Val Senzana, Valli, Vea piccola, Venagrande, Vila S. Antonio.
 
== Cidades irmandadas ==
* [[Ficheiro:Flag of Germany.svg|20px]] [[Tréveris]] ([[Alemaña]]), desde 1958
* [[Ficheiro:Flag of France.svg|20px]] [[Massy]] ([[Francia]]), desde 1997
 
== Ligazóns externas ==
{{Commons|Ascoli Piceno}}
* [http://www.comune.ascoli-piceno.it/index.asp Sitio oficial]
* [http://www.italianvisits.com/marche/ascoli_piceno/index.htm ItalianVisits.com]
 
[[Categoría:Concellos da provincia de Ascoli Piceno]]
Liña 78:
[[ja:アスコリ・ピチェーノ]]
[[la:Asculum Picenum]]
[[lmo:Ascoli Piceno]]
[[nap:Ascoli Piceno]]
[[nl:Ascoli Piceno (stad)]]