Vexiga urinaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ug:دوۋساق; cambios estética
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Vexiga (homónimos)}}
A '''vexiga urinaria''' é un [[órgano (bioloxía)|órgano]] oco músculo-membranoso que forma parte do [[aparato excretor|tracto urinario]] e que recibe a [[urina]] dos [[uréter|uréteres]]es e a expulsa a través da [[uretra]] ao exterior do corpo durante a [[micción]].
[[Ficheiro:Gray1140.png|thumb|right|Interior da vexiga]]
 
== Orixe embriolóxica ==
A vexiga urinaria está presente en todos os [[mamífero]]s. Procede da parte inferior do pedículo do [[alantoide]], obliterándose progresivamente a parte superior deste pedículo para formar o [[uraco]].
 
== Situación ==
A vexiga urinaria está situada na excavación da [[pelve]]. Por diante está fixada ao [[pube]], por detrás limita co [[recto]], coa parte superior da [[próstata]] e as [[vesícula seminal|vesículas seminais]] no home, e coa [[vaxina]] na muller. Superiormente está recuberta polo [[peritoneo|peritoneo parietal]] que a separa da [[cavidade abdominal]], e por abaixo limita coa [[próstata]] no home e coa musculatura perineal na muller.
 
== Forma ==
A vexiga urinaria cando está chea ten unha forma [[esfera|esférica]], e cando está baleira aseméllase a un [[tetraedro]] con:
* Vértice anterosuperior no que se fixa o uraco.
Liña 24:
# Capa media: formada por fibras musculares circulares.
# Capa interna ou fonda: formada tamén por fibras lonxitudinais
As tres capas da parede muscular forman o '''músculo detrusor''' que cando se contrae expulsa os ouriños e ten como antagonistas os [[esfínter|esfínteres]]es da uretra.
* '''Capa mucosa''': está formada por '''epitelio de transición urinario''' que é un [[epitelio]] estratificado de ata oito capas de [[célula]]s, impermeable, en contacto cos ouriños, e pola '''lámina propia''', que é de [[tecido conxuntivo]].
 
== Rexións do interior da vexiga ==
* '''Trígono vesical''': os uréteres entran na vexiga diagonalmente a través da parede dorsolateral, nun área chamada trígono, que ten forma triangular e ocupa a área correspondente á parede posteroinferior da vexiga. A uretra define o punto inferior do triángulo que debuxa o trígono.
* '''Apex vesical''': o ligamento medio umbilical conecta co ápex da vexiga.
Liña 33:
* '''Pescozo vesical''': está conectado co pube a través do ligamento pubovesical nas mulleres, e polo ligamento puboprostático en homes.
 
== Irrigación e inervación da vexiga ==
* '''[[Arteria]]s''': proveñen da arteria ilíaca interna directamente ou das súas ramas como a arteria umbilical na parte superior, a arteria xenitovesical na súa parte media ou da arteria pudenda na súa parte inferior.
* '''[[Vena]]s''': drenan nun plexo venoso pélvico que recobre o espazo prevesical na súa superficie posteroinferior e que termina na vea hipogástrica.
Liña 49:
Cando a vexiga está chea, os nervios que se atopan nela mandan sinais ao [[cerebro]]. É cando se producen as gañas de ouriñar. Nese momento, o cerebro manda un sinal aos esfínteres e aos músculos do chan da pelve para que se relaxen. Isto permite que os ouriños saian a través da uretra. O cerebro tamén manda un sinal á vexiga para que se contraia e expulse o contido.
 
== Compoñentes do sistema de control da vexiga ==
Para un bo control da vexiga, todos os compoñentes do sistema deben actuar en conxunto:
 
Liña 56:
* Os nervios deben controlar os músculos da vexiga e do chan da pelve.
 
== Enfermidades da vexiga urinaria ==
* [[Cistite]]
* [[Cancro de vexiga]]
* [[Incontinencia urinaria]]
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://kidney.niddk.nih.gov/spanish/pubs/medicine/index.htm National Kidney and Urologic Diseases Information Clearinghouse (NKUDIC)]
 
Liña 109:
[[th:กระเพาะปัสสาวะ]]
[[tr:İdrar kesesi]]
[[ug:دوۋساق]]
[[uk:Сечовий міхур]]
[[yi:אוריניר פענכער]]