Xogo de rol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ia:Joco de rolo; cambios estética
Liña 2:
Un '''xogo de rol''' é un [[xogo]] en que cada xogador participante interpreta un determinado rol ou papel dentro dunha aventura arbitrada polo chamado director de xogo.
 
Nos xogos de rol, os xogadores, axudados polo Dx (Director de Xogo, Master, Narrador, etc.), encarnan os papeis de [[personaxe]]s que habitan outros mundos ou situacións diferentes ás reais, "vivindo" aventuras neses mundos que, normalmente, están pragadas de dificultades, inimigos, xentes e [[raza]]s fantásticas, conflitos e [[maxia]].
 
Os xogos de rol desenvolvense ao redor dunha mesa, na cal se sentan os xogadores que encarnan aos "Px´s" (Personaxes xogadores) e o Director de Xogo. Este, como [[narrador]], conta a [[Discurso|historia]] (preparada con anterioridade), e preséntalles aos xogadores as diferentes situacións en que deberán posicionarse dalgún xeito, sempre actuando dun xeito similar ao que cren que faría a súa personaxe nesas circunstancias. En moitos casos, os xogadores falarán de xeito moi diferente ó que falan na súa vida real, ou mesmo actuando contrariamente ao que crerían correcto se fosen eles mesmos.
Liña 23:
De xeito indirecto algúns xogos de rol como [[Vampiro (xogo de rol)|Vampiro]], [[Aquelarre (xogo de rol)|Aquelarre]], [[Ars Magica (xogo de rol)|Ars Magica]], [[Fanhunter (xogo de rol)|Fanhunter]] e en xeral os xogos con algún tipo de ambientación ou referencia histórica dedican certos suplementos ou fan referencia a Galicia.
 
Porén, o [[20 de novembro]] de [[2007]] realízase a presentación oficial de [[As Crónicas de Gáidil]] en [[Santiago de Compostela]], primeiro xogo de rol galego en [[lingua galega]], contando con apoio subvencionado da [[Xunta de Galicia]]. A ambientación de ''As Crónicas de Gáidil'' toma como referencia as lendas e mitos [[celta|célticos]]-[[Cultura castrexa|castrexocastrexos]]s para crear un mundo fantástico chamado Gáidil, pero centrado nunha rexión chamada Gael-leach, reflexo borroso e distorsionado dunha Galiza castrexa onde os deuses como Lugh, Mórrigan ou Lir se mesturan coas castes dos nerios, lemavos, libredóns ou ártabros nun entorno de fantasía na [[idade de bronce]].
 
==Tipos de Xogos de Rol==
Liña 54:
====Medievais fantásticos====
Mundos nos cales os dragóns, os magos e estraños e mitolóxicos seres son tan reais coma a vida mesma.
* ''MERP Middle Earth RolePlaying''
* ''O Señor dos Anéis(Esdla)''
* ''Os Reinos Esquecidos''
* ''Greyhawk''
* ''Darksun (aD&D)''
* ''Ravenloft (D20)''
* ''Reinos de Ferro(D20)''
* ''Eberron (D20)''
* ''Os Reinos de Kalamar''
* ''Krynn (Dragonlance)''
* ''Warcraft''
* ''Conan RPG''
* ''Runequest''
* ''Heroquest''
* ''Pendragón''
* ''O Príncipe Valente''
* ''Warhammer RPG''
* ''A Lenda dos 5 Aneis''
* ''7º mar''
* ''Stormbringer''
* ''Elric''
* ''Anno Domini''
* ''Paladium''
* ''Oráculo''
* ''Feeria''
* ''Aquelarre''
* ''As Crónicas de Gáidil''
 
====[[Ficción científica|Ciencia ficción]]====
* ''Beyond the Supernatural''
* ''Cyberpunk''
* ''Darwin's World''
* ''Exo''
* ''Fading Suns''
* ''Fuerza Delta''
* ''Gamma World''
* ''Heavy Gear''
* ''Mechwarrior''
* ''Megatraveller''
* ''Rifts''
* ''Shadowrun''
* ''Spacemaster''
* ''Starwars''
* ''Traveller''
 
====Terror====
* ''Zombie: All Flesh must be eaten''
* ''A chamada de Cthulhu''
* ''Ragnarok''
* ''Lobishome, o apocalipse''
* ''Mago, a ascensión''
* ''Wraith, o olvido''
* ''Changeling, o ensoño''
* ''Kult''
* ''Vampiro, a mascarada''
* ''Vampiro, o requiem''
 
====Outras ambientacións====
* ''Os Cazapantasmas''
* ''Unknown Armies''
* ''Feng Shui''
* ''Mutantes na sombra''
* ''Mutantes G2''
* ''Fanhunter''
* ''Fanpiro''
* ''Marvel Superhéroes''
* ''DC Heroes''
* ''Mutants & Masterminds''
* ''Ninjas & Superspies''
 
== Termos empregados nos Xogos de Rol==
 
* '''Personaxe Xogador:''' As [[personaxe]]s encarnadas polos xogadores dun xogo de rol.
* '''Narrador:''' Tamén chamado master, gardián dos arcanos, [[narrador]], director de xogo, etc. É o que dirixe unha partida, e actúa por tódalas personaxes coas que interactúan os Pxs.
* '''Px ou Xp´s:''' Puntos de experiencia que outorga unha criatura ó ser vencida polos xogadores.Cando se xuntan os px´s necesarios, o xogador sobe de nivel.
* '''Nivel:''' Diferentes estadios que determinan a habilidade do personaxe no exercício da súa profesión.
* '''Módulo''': Unha aventura. Pode durar dende unha hora ata varios días de xogo.
* '''Campaña: '''Grupo de módulos consecutivos, que ten unha mesma temática común. Poden remontarse a anos de xogo coas mesmas personaxes.
* '''Crítico: ''' Golpe ou acción especialmente efectiva. Se se refire a un golpe, e que se fai un dano moi grande coa arma ó ser golpeado un punto vital. Se se refire a unha acción, é que se realiza do mellor xeito posible.
* '''Pífia:''' O contrario de Crítico. Realízase unha acción ou un ataque do peor xeito posible, con resultados adversos.
* '''Folla de Personaxe:''' Folla de papel (normalmente fotocopiada) que se enche coas características, habilidades, equipo e demais datos do personaxe xogador. Normalmente, pola parte de atrás apúntanse cousas importantes da partida.
* '''Característica:''' Trazo principal da personaxe. As características definen á personaxe física e mentalmente.
* '''Habilidade:''' Trazos secundarios que definen o que sabe ou pode facer a nosa personaxe. Normalmente, veñen definidos pola profesión da personaxe.
* '''Modificador''': Bonificador que pode outorgar o Contacontos ou Narrador dependendo do difícil que poida ser unha acción.
* '''Táboas:''' Listas de Equipo, habilidades e demais que completan as regras dun xogo de rol.
* '''Pantallas:''' Pequeno muro de cartón que serve de axuda ó master ou Contacontos. Detrás delas, este fai as súas tiradas fóra da mirada dos xogadores e garda o módulo e outra información confidencial (como os entresixos da partida).
 
==Videoxogos de Rol==
Liña 160:
==Ligazóns externas==
* [http://ascronicasdegaidil.blogspot.com/ As Crónicas de Gáidil ]
 
{{Link FA|pt}}
 
[[Categoría:Xogos de rol]]
 
{{Link FA|pt}}
 
[[ar:لعبة أدوار التعاقبية]]
Liña 184:
[[hr:Igre uloga]]
[[hu:Szerepjáték]]
[[ia:Joco de rolrolo]]
[[id:Permainan peran]]
[[is:Spunaspil]]