Nutrición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: simple:Nutrition
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Nutrición''' é o [[proceso]] [[bioloxía|biolóxico]] a través do cal os [[organismo]]s [[asimilación|asimilan]] [[alimento]]s ou [[nutriente]]s para a realización das as súas [[función (bioloxía)|funcións]] e [[actividade]]s [[vida|vitais]], tales como o [[crecemento]], [[movemento]], [[reprodución]], etc. Existen dous tipos de nutrición, a [[nutrición autótrofa]] cando os seres son capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu metabolismo a partir de substancias inorgánicas e a [[nutrición heterótrofa]] cando os seres se alimentan coas substancias orgánicas sintetizadas por outros organismos, ben autótrofos ou heterótrofos. Entre os organismos hetrótrofos están as [[bacteria]]s e os animais.
 
A nutrición pode ser feita por vía oral, ou sexa, pola maneira natural do proceso de alimentación, ou dun modo especial. No modo especial temos a [[nutrición enteral]] e a [[nutrición parenteral]]. A primeira ocorre cando o alimento colócase directamente nunha área do tubo dixestivo (xeralmente o estómago ou o xexuno) a través de sondas que poden entrar polo nariz ou boca ou por un orificio feito por cirurxía directamente no abdome do paciente. A nutrición parenteral é a que se fai cando o paciente se alimenta con preparados para administración directamente na vea, sen pasar polo tubo dixestivo.