Diferenzas entre revisións de «Política do Reino Unido»

m
sen resumo de edición
m
O [[Reino Unido]] é unha [[monarquía parlamentaria]] que, a diferenza doutros réximes carece de [[Constitución]] escrita, é dicir, un código político único que requira dun procedemento especial de elaboración e reforma para determinar as institucións básicas do [[Estado]], o seu réxime territorial e os dereitos e liberdades públicas.
 
===Modelo constitucional===
O seu modelo constitucional baséase, en primeiro lugar, no chamado "dereito estatutario" (''Statute Law'') cuxa elaboración é idéntica ás [[lei ordinaria|leis ordinarias]] e só se diferenzan, e alcanzan o carácter de constitucionais, por mor da materia que tratan. As máis importantes son a Carta Magna de [[1215]], a "Petition Rights" de [[1628]], o "habeas Corpus Amendment Act" de [[1679]], o "Bill of Rights" de [[1689]], o "Axt of Settlement" de [[1701]], a "Reform Act" de [[1832]], o "Estatuto de Westminster" de [[1931]] e os "Parliament Acts" de [[1911]] e [[1949]].
 
As ''convencións'' son outro instrumento de lexislación constitucional que se conforman co paso do tempo e no que un determinado xeito de resolver as cuestións prácticas rematou por fixar a soberanía do [[Parlamento]] e o [[estado de dereito]] ou imperio da [[lei]].
 
===Os órganos do poder===
O [[Xefe do Estado]] é o monarca, cuxas funcións son meramente representativas, aínda que as distintas normas concédenlle facultades nominais tales como declarar a guerra e asinar a paz, a [[política internacional]] e ser gardián das normas constitucionais e a unidade do Reino. Con todo a práctica converteu en necesario o referendo do [[Goberno]] para a adopción de todas as decisións. O monarca é ao mesmo tempo o Xefe e cabeza da [[Igrexa de Inglaterra]].
 
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Gabinete do Reino Unido]]
*[[Misións diplomáticas do Reino Unido]]
*[[Parlamento británico]]
 
[[Categoría:Política do Reino Unido| ]]
 
[[bg:Държавно устройство на Обединеното кралство Великобритания и Северна Ирландия]]