Daodejing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Interpretación: pequenos arranxos
→‎Cosmogonía no Tao Te Ching: disposición gráfica
Liña 23:
As ideas cosmogónicas e metafísicas do Tao Te Ching de acordo con algunhas ramificacións do [[taoísmo]] poden ser definidos da seguinte forma:
 
* Todo nace do baleiro indiferenciado, inmensurábel, insondábel, que nunca pode ser exhausto: «o Tao sen nome», que se move en torno de si mesmo sen parar. Deste «Tao sen nome» (que non existe) nace o que existe (e ten nome): O Camiño (Tao). Non vemos o Tao como Un por causa dos nomes con que designamos o que vemos cos nosos sentidos - as «dez mil cousas» (O carácter chinés que significa «dez mil» [[Ficheiro:Tenthousandchinese.jpg]] úsase, como aliás tamén no grego, para significar unha miríade, ou sexa, un número grande e indefinido) É co aparecemento dos nomes cando aparecen todas as cousas e o Un transfórmase en moitos.
 
* A Virtude (Te) é a manifestación do Tao a través da súa misteriosa operación: o chamado «actuar sen actuar» - a acción involuntaria que caracteriza a natureza das cousas - «O modo de Camiñar».
{{Textos taoístas}}
 
* A partir destas ideas cosmogónicas e metafísicas. Lao Zi deduce un sistema de moral e regras de conduta que ten por obxectivo conformar as accións humanas coa orde natural do Universo. O Home naceu do Tao, pero despois comezou a desviarse dos seus atributos, ou sexa, perdeu a Virtude - o saber como Camiñar. É unha caída que lembra a caída que se seguiu á expulsión de [[Adán e Eva]] do Paraíso, segundo a [[Biblia]]. O Camiño do Tao é o camiño de volta ao estado de graza en harmonía co Tao (o chamado «regreso precoz»).
 
* Tao é normalmente traducido como ''Camiño'' ou ''Vía''. Pero só por parecer ser «o mellor que se puido arranxar». De feito, o camiño non se distingue do camiñante ou do camiñar. Non hai criador. O universo (o Ceo e a Terra) apareceu (e aparece continuamente) a partir do Tao primordial. O que existe aparece do que non existía antes e é eterno. O universo é como un organismo vivo resultante da expansión vitalizada do Tao (a orde natural, a providencia). O Tao maniféstase continuamente no fluxo e refluxo constante de todas as cousas que existen e que se criaron pola súa actividade.
 
* O Tao non ten personalidade. O que vitaliza o universo son dous principios ou substancias que combinados son o Tao: o [[yang]] (luz, calor, creativo, masculino) - que existe especialmente concentrado no Ceo - e o [[yin]] (sombra, frío, receptivo, feminino) - que existe especialmente concentrado na Terra.
 
* Varios filósofos [[taoísmo|taoístas]] chineses entenden os versículos que expoñen as ideas cosmogónicas sobre o inicio do universo como sendo, de feito ou tamén, a descrición do modo como a consciencia da realidade externa emerxe na nosa mente.
 
Cando vemos unha cor ou ouvimos un son, hai un momento breve inicial en que o noso cerebro aínda non fixo un xuízo sobre a nosa percepción; non sabemos aínda que son ou cor é, nin sequera temos aínda unha consciencia clara que estamos a ouvir ou ver algunha cousa. Estamos no dominio «do sen nome», do baleiro indiferenciado que nunca pode ser exhausto ou descrito. Despois, cando emerxe a consciencia e o pensamento, que ten por base a linguaxe, pasamos ao dominio «do que ten nome» e vemos entón todas cousas diferenciadas, cada unha co seu nome. Co aparecemento dos nomes, aparecen todas as cousas e o Un transfórmase en moitos.