Daodejing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:DaoDeJingWangBi.jpg|thumb|right|'''Tao Te King''', edición Wang Bi , Xapón 1770 ]][[Ficheiro:Representation_of_Laozi.PNG|thumb|[[Lao Zi]]]]
O '''Tao Te King''' ou '''Tao Te Ching''' (en [[pinyin]] '''Dao De Jing''', 道德经,) é un libro clásico [[china|chinés]] que, segundo a tradición, foi escrito por [[Lao Zi]] (o sabio fundador do [[taoísmo]]) contra o século VI a.C. Esta colección de [[aforismo]]s poéticos está dividida en 81 capítulos que tratan nocións importantes do pensamento chinés antigo, como o «Non-facer», o «Camiño» (Tao), o regreso, etc.
 
O seu título pódese traducir como ''O Clásico do Camiño e da súa Virtude''.
 
Este libro ten o mérito de que tivo unha influencia moi considerábel na civilización oriental e comeza a ser coñecido en Occidente, a través das súas numerosas traducións. O Tao Te Ching ten aplicacións en ramas tan variadas como a filosofía, a relixión, a arte, a medicina, as artes marciais e as prácticas sexuais.
 
== Orixes ==
[[Ficheiro:Representation_of_Laozi.PNG|thumb|left|[[Lao Zi]]]]
 
[[Ficheiro:Laozi_meets_Yin_Xi.PNG|thumb|left|Lao Tzu atopa Yin Xi, o gardián do portón do Tibet.]]
 
Como a maior parte das figuras mitolóxicas dos fundadores de relixións , a vida do escritor do Tao Te Ching , [[Lao Zi]] está envolta en lendas. Segundo a tradición, Lao Zi naceu no sur da [[China]] arredor de [[604 a.C]] sendo superintendente xudicial dos arquivos imperiais en Loyang, capital do estado de Ch'u. Desgustado polas intrigas da vida na corte, Lao Zi decidiu afastarse da sociedade, indo para as Terras do Oeste. Montado nunha carroza guiada por un boi ,seguiu viaxe, mais ao atravesar a fronteira, un dos seus amigos, o policía Yin-hsi, recoñeceuno e pediulle que escribise os seus ensinos antes de partir. Lao Zi entón escribiu o pequeno libro coñecido posteriormente como o Tao Te Ching , e partiu deseguida. Segundo a historia, morreu en [[517 a.C]].
 
Liña 15:
 
== Interpretación ==
[[Ficheiro:Laozi_meets_Yin_Xi.PNG|thumb|left|Lao Tzu atopa Yin Xi, o gardián do portón do Tibet.]]
 
As diversas correntes do pensamento relixioso e filosófico a través dos tempos atribuíron millares de interpretacións diferentes ao sentido do Tao Te Ching. Porén , o tema principal do libro localízase no seu primeiro proverbio :"O Tao que pode ser dito non é o Tao Verdadeiro".O Tao Te Ching sitúa a orixe de todas as cousas no Tao ( Camiño , carreiro) que, lonxe do concepto de [[Deus]] nas relixións [[deístas]] , é un principio inimaxinábel, inenarrábel , eterno e absoluto , que non pode ser comprendido , xa que calquera tentativa de clasificalo cría unha dicotomía que non pode existir en algo Eterno e Absoluto. Xa que o Tao non pode ser comprendido, o Tao Te Ching subliña que non existen medios de manipulalo. Polo tanto, os seres deben vivir unha vida simple, sen grandes cuestionamentos morais ou filosóficos , onde se enfatice o "non-actuar" (a "non-acción",[[wu wei]],無為 ), isto é , deixarse guiar polo curso natural e lóxico dos eventos do universo. O home que seguir este principio acaba liberto das vicisitudes da vida , e tórnase o "Home Santo" celebrado no Taoísmo.
 
== Cosmogonía no Tao Te Ching ==
{{Textos taoístas}}
 
As ideas cosmogónicas e metafísicas do Tao Te Ching de acordo con algunhas ramificacións do [[taoísmo]] poden ser definidos da seguinte forma:
 
Liña 26 ⟶ 24:
 
A Virtude (Te) é a manifestación do Tao a través da súa misteriosa operación: o chamado «actuar sen actuar» - a acción involuntaria que caracteriza a natureza das cousas - «O modo de Camiñar».
{{Textos taoístas}}
[[Ficheiro:Representation_of_Laozi.PNG|thumb|left|Lao Zi]]
 
A partir destas ideas cosmogónicas e metafísicas. Lao Zi deduce un sistema de moral e regras de conduta que ten por obxectivo conformar as accións humanas coa orde natural do Universo. O Home naceu do Tao, pero despois comezou a desviarse dos seus atributos, ou sexa, perdeu a Virtude - o saber como Camiñar. É unha caída que lembra a caída que se seguiu á expulsión de [[Adán e Eva]] do Paraíso, segundo a [[Biblia]]. O Camiño do Tao é o camiño de volta ao estado de graza en harmonía co Tao (o chamado «regreso precoz»).
Liña 49 ⟶ 47:
 
Existe aínda unha tradución feita polo Prof. Mário Bruno Sproviero, do Departamento de Letras Orientais da [[USP]], intitulada ''Escritos do Curso e Sua Virtude'', única feita directamente do chinés para o portugués.
 
 
{{Literatura en progreso}}
 
{{Link FA|de}}