Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 37:
O suxeito lírico, daquela, obrigado polo código trobadoresco a serlle fiel á dama, fica condenado a non obter nunca o ben da ''senhor'', e a vivir continuamente nun estado de sufrimento. Tanto é así, que temos algunha composición en que o poeta desexa que a dama "reciba a coita que el recibe", tal e como encontramos nunha cantiga dun dos máis destacados trobadores galegos, [[Pai Gómez Chariño]], na cal o suxeito lírico acaba afirmando:
 
*{{cita| '''''Se eu pudesse coita dar''''',
'''''a quen me coita deu'''''.}}
 
Derivado desta situación de desesperación do suxeito lírico, este chega normalmente a morrer de amor o chamado "morte de amor", outro dos recursos típicos deste xénero. O poeta consómese polo amor non correspondido, o cal o leva á morte. A maioría dos compositores de cantigas de amor utilizaron este recurso, mais moitos abusaron del ata o límite. Este é o caso, por exemplo, de [[Roi Queimado]], cuxo uso excesivo deste recurso o levou a ser obxecto das burlas dos seus compañeiros en moitas cantigas satíricas.