Organización Republicana Gallega Autónoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 1:
A '''Organización Republicana Gallega Autónoma''' ('''ORGA''') foi un partido político [[Galicia|galego]], de carácter [[República|republicano]] e autonomista que se fundou no outono de [[1929]] na [[Coruña]] coa participación das [[Irmandades da Fala]] locais e o Casino Republicano dirixido por [[Santiago Casares Quiroga]], quen se converteu no seu principal dirixente a pesar de serseren maioritarios os [[Galeguismo (política)|galeguistas]] maioritarios nun primeiro momento, o que explica que no seu primeiro manifesto a ORGA reclamara unha república federal e que cando o sector galeguista quedou en minoría a ORGA defenda o autonomismo, inda que mornamente.<br>
 
== Traxectoria ==
A ORGA organizábase en comités, partindo do local, o provincial e o máximo órgano directo era o Comité Executivo Rexional elixido pola Asemblea Rexional. Aínda que a maior parte da súa militancia procedía das clases medias urbanas, a ORGA conseguiu atraerse varias sociedades agrarias esparexidas por todo o país que constituiron a [[Organización Agraria Gallega]].