Torque (colar): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m quito o de anticeltistas (paréceme pouco neutral) e pido referencia para asturoccidental (xa que coido que o occidente do que hoxe vén sendo Asturias formaba parte da Gallaecia)
Liña 3:
Un '''torque''' é un colar ríxido de metal semicircular. Foi moi frecuente en [[Centroeuropa]] e a [[Europa atlántica]], empregado principalmente polos pobos [[celtas]]. Na [[Galicia]] da [[Idade do Ferro]], foi un tradicional elemento de distinción social entre os [[galaicos]], presentando gran similitude cos doutras áreas de Europa occidental ou central.
 
En [[Galicia]] a tradicional interpretación do torque como ornato propio das clases dirixentes das sociedades [[celtas|célticas]], chegou a poñerse en cuestión por algúns arqueólogos galegos anticeltistas da década dos 90, sen embargo recentes estudos de carácter comparativo dos datos arqueolóxicos, epigráficos e lingüísticos parecen retomar a inicial interpretación de achegamento artístico-étnico entre as comunidades da antiga [[Gallaecia]] e da [[Galia]] ou [[Britania]] entre outras.
 
Ao longo de toda Europa, existe unha variada tipoloxía: macizos, ocos, con remates (periña, escocia, tronco de cono, campánula, cabeza de cravo...), con decoración, de ouro ou doutros metais.
Liña 11:
Na distribución dos torques de ouro na [[Europa atlántica]] e en concreto na [[Península Ibérica]], apréciase unha concentración destacadísima nas actuais [[Galicia]] e norte de Portugal. Derivan dunha metalurxia moi antiga con importantes mostras xa na [[idade de Bronce]] (os do tesouro de [[Caldas de Reis]]). Factores explicativos son a abundancia de ouro e estaño nesta área, os contactos coa [[Europa atlántica]] e a influencia meridional nos granulados e as filigranas. En concreto, nos torques [[galaicos]] aprecianse influencias da cultura de [[Hallstat]] e [[la Tène]], -sen que isto implique migracións masivas de poboacións para explicar a súa divulgación-, que amosan como na [[Europa atlántica]] existiu unha circulación artística propia envolvente.
 
No territorio da antiga [[Gallaecia]], o número de torques atopados supera o centenar. Os torques galaicos e astur-occidentais{{cómpre referencia}} presentan peculiaridades con respecto aos do resto da [[Península ibérica]]; coinciden cos centroeuropeos e británicos nos grandes remates ou topes, de aí que se pode albiscar unha inflencia de la Tène.
 
Exemplos de importantes torques [[galaicos]] son o [[torque de Burela]] e o de [[Xanceda]].
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===