Torque (colar): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Un '''torque''' é un colar ríxido de metal semicircular. Foi moi frecuente en [[Centroeuropa]] e a [[Europa atlántica]], empregado principalmente polos pobos [[celtas]]. Na [[Galicia]] da [[Idade do Ferro]], foi un tradicional elemento de distinción social entre os [[galaicos]], presentando gran similitude cos doutras áreas de Europa occidental ou central.
 
En [[Galicia]] a tradicional interpretación do torque como ornato propio das clases dirixentes das sociedades [[celtas|célticas]], chegou a poñerse en cuestión por algúns arqueólogos galegos anticeltistas da década dos 90, sen embargo recentes estudos de carácter comparativo dos datos arqueolóxicos, epigráficos e lingüísticos parecen retomar a inicial interpretación de achegamento artístico-étnico entre as comunidades da antiga [[Gallaecia]] e da [[Galia]] ou [[Britania]] entre outras.
 
Ao longo de toda Europa, existe unha variada tipoloxía: macizos, ocos, con remates (periña, escocia, tronco de cono, campánula, cabeza de cravo...), con decoración, de ouro ou doutros metais.