Diferenzas entre revisións de «Piotr Kropotkin»

m
bot Modificado: id:Pyotr Kropotkin; cambios estética
m (bot Engadido: cy:Pyotr Kropotkin)
m (bot Modificado: id:Pyotr Kropotkin; cambios estética)
Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] foi partidario do imperialismo ruso xa que pensaba que era necesario oporse á política extremadamente militarista de [[Alemaña]], por mor diso foi criticado polos internacionalistas e por gran parte do movemento anarquista incluídos os seus propios amigos. Tras a revolución de febreiro defendeu a nova república. Logo da [[Revolución rusa de 1917|Revolución bolxevique de 1917]], regresou ao seu país e estableceuse preto de Moscova, pero aínda que tomou parte na vida política soviética non desenvolveu cargo oficial algún. Faleceu en Dmítrov, unha localidade próxima a Moscova e desde onde escribiu a [[Lenin|Vladímir Lenin]] as súas famosas cartas.
 
O tema central dos numerosos traballos de Kropotkin foi a abolición de toda forma de goberno en favor dunha sociedade que se rexese exclusivamente polo principio da axuda mutua (título dun dos seus libros) e a [[cooperación]], sen necesidade de institucións estatais. Esa sociedade ideal (comunismo anarquista ou [[anarcocomunismo]]) sería o último paso dun proceso revolucionario que pasaría antes por unha fase de colectivismo (o [[anarcocolectivismo]], teoría en certos aspectos próxima ao tipo de comunismo exposto aquí). Quizá o seu libro máis importante para o pensamento anarquista sexa ''[[La Conquête du Pain]]'' (''A conquista do pan''), de 1892.
 
Na súa faceta de [[naturalista]], expuxo a importancia da cooperación como factor crave na evolución paralelo á competencia. O seu traballo máis famoso, ''[[Mutual Aid: A Factor of Evolution]]'' (''Axuda Mutua: Un Factor da Evolución''), escrito a partir das súas experiencias nas expedicións científicas durante a súa estancia en Siberia, critica as ideas de [[Thomas Henry Huxley]] e [[Herbert Spencer]] (pai do [[darwinismo social]]) que baseaban a selección natural na loita entre individuos.
==Obra==
Libros:
* ''Palabras dun rebelde'' (1885)
* ''As Prisións'' (1887)
* ''[[La Conquête du Pain]]'' (''A conquista do pan''; 1892)
* ''Campos, fábricas e talleres'' (1899)
* ''Memorias dun revolucionario'' (1899)
* ''[[Mutual Aid: A Factor of Evolution]]'' (''Axuda Mutua: Un Factor da Evolución''; 1902)
* ''A ciencia moderna e o anarquismo''
* ''A literatura rusa'' (1905)
* ''O terror en Rusia'' (1909)
* ''A Gran Revolución (Historia da Revolución Francesa, 1789 - 1793)'' (1909)
* ''Ética, orixe e evolución'' (1924)
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
''Cartas de Kroptokin a Lenin''
* [http://www.marxists.org/espanol/kropotkin/carta1.htm#topp Carta a Lenin (4 de marzo de 1920)] (en castelán)
* [http://www.marxists.org/espanol/kropotkin/carta2.htm Carta a Lenin (21 de decembro de 1920)] (en castelán)
 
{{Commons|Пётр Алексеевич Кропоткин}}
[[hr:Pjotr Kropotkin]]
[[hu:Pjotr Alekszejevics Kropotkin]]
[[id:PeterPyotr Kropotkin]]
[[is:Pjotr Kropotkin]]
[[it:Pëtr Alekseevič Kropotkin]]
76.251

edicións