Alelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
*xen -> xenes
Liña 1:
Un '''alelo''' é calquera dunha serie de cadeas codificantes de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] que ocupan un determinado [[locus]] (posición) nun [[cromosoma]]. Normalmente os alelos son secuencias de ADN que codifican para un [[xenxene]], pero outras veces o termo utilízase como 'posición' no cromosoma. Un [[xenotipo]] individual para ese xen é o conxunto de alelos que posúe ese individuo. En organismos [[diploide]]s, os que teñen dúas copias de cada cromosoma, dous alelos conforman o xenotipo do individuo. A palabra procede do grego αλληλος = "cada un".
 
Un exemplo é o xen para a cor das margaridas en moitas especies —un só xen controla a cor dos [[pétalo]]s, pero pode haber moitas variantes distintas (ou alelos) dese xen. Unha variante pode dar pétalos vermellos, mentres outra pode resultar en pétalos brancos. A cor resultante dunha flor individual dependerá de que dous alelos posúa para ese xen, e como interaccionan entre si.
 
==Introdución==
Os organismos [[diploide]]s, por exemplo os humanos, teñen cromosomas [[homólogo]]s emparellados nas súas [[célula somática|células somáticas]], e estes conteñen dúas copias de cada xenxene. Un organismo no que as dúas copias do xen sexan idénticas —(ambas ouas sexa, ambasdúas teñen o mesmo alelo —) chámase [[Cigosidade|homocigoto]] para ese xen. Un organismo que teña dous alelos diferentes do xenxene chámase [[Cigosidade|heterocigoto]]. O [[fenotipo]] (características expresadas) asociado cun determinado alelo pode ser [[dominante]] ou [[recesivo]], pero con frecuencia non é ningún dos dous. Un fenotipo dominante expresarase cando hai polo menos un alelo do tipo asociado presente, mentres que para un fenotipo recesivo só se expresará cando ambos alelos sexan do tipo asociado con esa característica.
 
Aínda así hai excepcións á maneira na que os heterocigotos se expresan no fenotipo. Unha excepción é a [[dominancia incompleta]], chamada tamén [[herdanza mesturada]], cando os alelos mesturan os trazos no fenotipo. Un exemplo vese cando, ó cruzar [[Antirrhinum]]s (flores con xens de dominancia incompleta para os alelos "vermello" e "branco" de cor de pétalos) a descendencia resultante terá pétalos rosados. Outra excepción é a [[co-dominancia]], onde ambos alelos son activos e ambos trazos se expresan ó mesmo tempo; por exemplo, pétalos tanto vermellos como brancos na mesma flor, ou flores vermellas e brancas na mesma planta. A codominancia tamén se ve nos [[tipos sanguíneo]]s humanos. Unha persoa cun alelo do tipo sanguíneo A e un alelo do tipo sanguíneo B terá de tipo sanguíneo "AB".