Extinción dos dinosauros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Extinction Crétacé-Tertiaire; cambios estética
Liña 21:
 
=== Impacto dun asteroide ===
[[Ficheiro:Chicxulub2.jpg|thumb|right|Imaxe computerizada do cráter de Chicxulub na Península do Yucatán. Diámetro: 160-240 km.]]
 
O físico estadounidense [[Luis Walter Alvarez]] foi o primeiro a propor a idea de que os dinosauros terían morto debido a un grande impacto. Esa idea evoluíu e actualmente a hipótese de que un [[asteroide]] teña caído na Terra desponta como a mellor teoría para explicar a fin dos dinosauros. O primeiro indicativo de que esa teoría sería verdadeira xurdiu en [[1978]] coa descoberta dunha fina capa de [[iridio]] nas rochas que se formaron no fin do período [[Cretáceo]]. O iridio é un elemento raro atopado con frecuencia en [[asteroide]]s e [[cometa]]s. O segundo indicativo a favor desa teoría veu coa descoberta dun enorme cráter soterrado en [[Chicxulub]], [[México]], medindo preto de 180 km de diámetro. Ao que todo indica, o asteroide que caeu no México tiña máis de 10 km de [[diámetro]] e o impacto del coa Terra liberou [[enerxía]] equivalente á de 5 billóns de [[bomba atómica|bombas atómicas]] como a usada sobre [[Hiroshima]] en [[1945]]. Un impacto desas dimensións tería erguido poeira e terra suficientes para tapar a [[luz]] do [[Sol]] durante anos, matando así a maior parte das especies vexetais. Dunha forma simplificada, sen os vexetais os dinosauros herbívoros acabaron morrendo de fame e sen estes para se alimentar, os carnívoros morreron tamén. Esa reacción en cadea tería causado a extinción total dos dinosauros.