Diferenzas entre revisións de «Comités Abertos de Faculdade»

sen resumo de edición
m (sitio web dos CAF en ligazóns externas)
Os '''Comités Abertos de Faculdade''' ('''CAF''') son unha organización estudantil universitaria galega, que defende un ensino galego, público, democrático e de cualidade.
 
Durante a efervescencia das loitas na [[Universidade de Santiago]], nos primeiros anos oitenta do [[século XX]], foron surxindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano [[1986|86]] nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como [[CAMAE]], seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros [[campus universitario|campus]], e só foi a partir da segregación das universidades de [[Universidade da Coruña|A Coruña]] e [[Universidade de Vigo|Vigo]] que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete cámpus. Nas orixes funcionaba a nível de [[Asemblea de Faculdade]] e cun órgao de coordenación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro. Despois da ampliación comezou a funcionar un Consello Nacional que realmente dirixe unha actividade política, aínda que a dinámica institucional fai que sexan os tres Consellos de Universidade os que realmente dirixan o día a día da organización. Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións de esquerda que operaban na universidade ([[BNG]],[[PSG-EG]],[[MCG]],[[PCPG]]..), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada por militantes de [[Galiza Nova]] e persoas sen afiliación política.
 
O órgano básico de organización dos CAF son os comités propios de cada centro, que elixen un responsábel de comité.
A nivel campus, os CAF organízanse en Asembleas de Campus, órgano coordinador dos comités do mesmo campus no cal se elixe un responsábel de Campus; e en Consellos de Campus, órgano de dirección e control da organización en cada Campus.
Actualmente, o máximo órgano de decisión dos CAF é a súa Asemblea Nacional, que se reune cunha periodicidade plurianual. O Consello Nacional, organo de dirección en periodo interasemblear, ten 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional maís os 7 responsábeis de Campus.
 
Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións de esquerda que operaban na universidade ([[BNG]],[[PSG-EG]],[[MCG]],[[PCPG]]..), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de [[Galiza Nova]] e persoas sen afiliación política.
Actualmente os CAF son a organización estudiantil maioritaria na Galiza, tanto no tocante ao seu número de membros como á súa participación en organos de goberno das universidades.
 
A organización paralela aos CAF no ensino medio son os [[CAE]], Comités Abertos de Escola
== Ligazóns externas ==
[http://www.comitesabertos.org Web oficial dos CAF]
55

edicións