Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
===A caída de Roma===
{{Artigo principal|Imperio Bizantino|Imperio Carolinxio}}
Unha vez derrubado o Imperio Romano de Occidente, o [[Imperio Bizantino]] considerouse continuador da tradición romana, malia que abandonou a cultura latina pola antiga cultura helénica que dear orixe a aquela. Os emperadores bizantinos fixéronse chamar co termo grego ''[[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|basileus]]'', que significa [[rei]]. Non obstante, no ámbito oriental comezou a cobrar forza tamén o título de [[Tsar]], derivado do nome latino [[César]], e que se aplicou despois ao Tsar de [[Bulgaria]], para ser tomado no seu momento polos Tsares do [[Imperio Ruso]], unha vez caída [[Constantinopla]] en mans dos [[otománs]].
 
En Occidente non houbo Emperadores desde o ano [[476]], pero a [[Igrexa católica|Igrexa]] de Roma se consideraba continuadora do Imperio, no campo espiritual. Inicialmente os papas romanos recoñeceron aos emperadores bizantinos como continuadores da tradición imperial romana, pero as crecentes desavinzas entre ambos (fundamentalmente porque os papas tiveron moitas veces que se defenderen coas súas propias armas de invasores estranxeiros, sen recibiren axuda dos bizantinos que supostamente debían protexelos) fixeron que o [[Papa]] volvese a mirada cara o crecente poder político dos [[francos]]. De esta maneira os Papas chamaron a [[Pipino o Breve]] na súa axuda, entronizándoo como rei dos francos en recompensa. O seu fillo [[Carlomagno]] foi coroado [[Emperador de Occidente]] o ano [[800]] en Roma, nun xesto do Papa [[León III, Papa|León III]]; oficialmente sostense que por agradecemento ante a súa intervención durante unha revolta en Roma, pero é posíbel que fora motivado polo crecente acercamento entre Carlomagno e [[Irene]], á sazón emperatriz de Bizancio, o que ía en contra dos seus intereses. No ano [[812]], o emperador bizantino [[Miguel I Rangabé]] recoñeceu a Carlomagno como emperador de Occidente a través dun tratado firmado en Aquisgrán, malia que esta aceptación foi feble, xa que Bizancio consideraba que a nova realeza xermana non tiña lazo xurídico ningún co Imperio Romano, mentres que o Imperio Bizantino si que era (no papel, polo menos) sucesor legal deste, en Oriente.