Constantin Brâncoveanu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Muro Bot (conversa | contribucións)
arranxiños diversos
Liña 1:
[[Ficheiro:Constantin Brancoveanu statuie.jpg|thumb|150px|Estatua de Constantin Brâncoveanu en Bucarest.]]
'''Constantin Brâncoveanu''' ([[1654]] – [[26 de agosto]] de [[1714]]) foi príncipe de [[Valaquia]] entre [[1689]] e [[1714]].
 
'''Constantin Brâncoveanu''', nado en [[Brâncoveni]] en ([[1654]] e finado en [[Istanbul]] o [[26 de agosto]] de [[1714]]), foi príncipe de [[Valaquia]] entre [[1689]] e [[1714]].
== Referencias ==
 
==Biografía==
Descendente da familia de [[boiardo]]s Craioveşti e familiar de [[Matei Basarab]], Brâncoveanu naceu na facenda de Brâncoveni, e foi criado na casa do seu tío, o ''[[stolnic]]'' [[Constantin Cantacuzino]]. Chegou a ser involucrado no conflito entre Constantin e [[Şerban Cantacuzino]], e ocupou o trono logo da misteriosa morte de Şerban. Nun principio foi apoiado por Constantin, pero a relacion deviu nun enfrontamento violento. Cantacuzino quedou exiliado, e empezou a promover o seu fillo Ştefan, mentes competía con Brâncoveanu para o apoio do [[Imperio Otomano]], do quen Valaquia era vasalo.
 
==Política==
O príncipe empezou a negociar alianzas anti-otomanas, nun principio coa [[Casa de Hasburgo]], e despois coa [[Rusia]] de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]]. Trala intervención en [[1710]] dos rusos en [[Moldavia]], o príncipe contactou co [[tsar]] e aceptou os seus regalos, mentres a súa rivalidade co príncipe moldavo [[Dimitrie Cantemir]] (o principal aliado rexional dos rusos) evitou unha medida política máis drástica. En lugar diso, Brâncoveanu agrupou tropas valacas en [[Urlaţi]], preto da fronteira moldava, esperando que tropas rusas entrasen no seu país para ofrecer os seus servizos ao tsar, e tamén preparándose para a contra-ofensiva otomana en caso dun cambio de fortunas. Cando varios dos seus boiardos fuxiron cara ao campamento ruso, o príncipe viuse obrigado a elixir en favor dos otomanos ou arriscar ser inimigo do Imperio Otomano, así que devolveu axiña os regalos que recibira dos rusos.
 
Accións como estas foron denunciadas ao sultán. Brâncoveanu foi deposto do seu trono polo sultán [[Ahmed III]], e traído en arresto até [[Istanbul]], sendo encarcerado en [[1714]] na fortaleza de Yedikule. Foi torturado polos otomanos, que agardaban averiguar o paradoiro da súa suposta fortuna. El e os seus catro fillos foron decapitados en agosto xunto co leal tesoureiro, Enache Văcărescu.
 
As súas cabezas foron levadas sobre paus polas rúas de Istanbul, o que provocou inquedanza na cidade. Temendo unha rebelión, mesmo por parte dos [[Islam|musulmáns]] indignados da inxustiza cometida contra o príncipe e os seus achegados, ordeouse botar os corpos no [[Bósforo]]. Pescadores [[Cristianismo|cristiáns]] recolleron os corpos e os enterraron no Mosteiro Halchi, preto de Istanbul.
 
==Empresas culturais==
Foi un gran mecenas da cultura. Durante o seu reinado imprimíronse en [[Bucarest]] moitos textos [[lingua romanesa|romaneses]], [[lingua grega|gregos]], [[lingua eslava|eslavos]], [[lingua árabe|árabes]], [[lingua turca|turcos]] e [[lingua xeorxiana|xeorxianos]], trala instalación dunha imprenta supervisada por [[Antim Ivireanul]]. Durante o seu reinado apareceu en Valaquia o estilo arquitectónico Brâncovenesc, coma síntese das arquitecturas [[Renacemento|renacentistas]] e [[Imperio bizantino|bizantinas]].
 
Empresas culturais coma estas baseáronse no aumento dos impostos, crecemento determinado tamén pola presión fiscal dos otomanos.
 
==Legado==
A intriga que marcou o ascenso de Constantin e o seu reinado, está reflexada nas crónicas do seu tempo, divididas segundo o punto de vista ideolóxico: Mentres ''Letopiseţul Cantacuzinesc'' e ''Cronica Bălenilor'' amosan o retrato oficial do reinado de Brâncoveanu, [[Radu Popescu]] está en contra da política dos donos da [[Casa Cantacuzino]]. A ''Historia Hieroglyphica'' de [[Dimitrie Cantemir]] céntrase no conflito e reflicte a preferencia de Cantemir por [[Constantin Cantacuzino]], logo de se convertiren en familiares logo do matrimonio de Dimitrie Cantemir.
 
O breve reinado de [[Ştefan Cantacuzino]] viu o declive final dos Cantacuzino; el e mailo seu pai foron executados polos [[Imperio otomano|otomanos]], que viron como a solución para o risco dunha alianza [[Valaquia|valaco]]-[[Rusia|rusa]] a imposición do ríxido sistema dirixente [[fanariotas|fanariota]], inaugurado en [[Valaquia]] por [[Nicholas Mavrocordatos]], quen, polo seu anterior reinado en Moldavia, é considerado tamén o primeiro líder fanariota dese país.
 
Pola súa morte [[traxedia|tráxica]], Constantin Brâncoveanu chegou a ser o heroe de varias [[balada]]s populares romanesas, e foi tamén representado nalgunhas [[moeda]]s de [[Romanía]]. Segundo a [[Igrexa Ortodoxa Romanesa]], o motivo para a súa execución e mailoa dos seus fillos foi o rexeitamento a renunciar á [[fe cristiana]] e a se converter ao [[Islam]]. En [[1992]] a Igrexa declarouno a el, aos seus fillos e a Enache Văcărescu, [[santo]]s e [[mártir]]es (''Sfinţii Martiri Binecredinciosul Voievod Constantin Brâncoveanu, împreună cu fiii săi Constantin, Ştefan, Radu, Matei şi sfetnicul Ianache''). O día do calendario relixioso para eles é o [[16 de agosto]].
 
A Universidade Constantin Brâncoveanu está en [[Piteşti]], pero ten tamén filiais en [[Brăila]] e [[Râmnicu Vâlcea]].
 
== Referencias ==
*[[Anton Maria Del Chiaro]], [http://cimec.ro/Carte/delchiaro/index.html ''Revoluţiile Valahiei'']
*[http://ro.wikisource.org/wiki/Istoria_%C5%A2%C4%83rii_Rum%C3%A2ne%C5%9Fti_de_c%C3%A2nd_au_desc%C4%83lecat_pravoslavnicii_cre%C5%9Ftini ''Letopiseţul Cantacuzinesc''] (en romanés antigo).
*[http://www.credo.ro/sfintii-brancoveni.php Biografía oficial da Igrexa Ortodoxa] (en romanés){{ro}}.
*[http://romaniancoins.ancients.info/brancoveanu.htm Moedas valacas usadas no tempo de Constantin Brâncoveanu]
*[http://www.bar.acad.ro/www_rom/brincov.html Contrato de arrendamento do príncipe, coa súa firma e selo]
Liña 16 ⟶ 41:
}}
 
{{sencat}}
 
[[Categoría:Príncipes de Valaquia]]
[[Categoría:Santos de Romanía]]
[[Categoría:Santos da Igrexa ortodoxa]]
 
[[de:Constantin Brâncoveanu]]