FreeBSD: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cv:FreeBSD
m Bot Engadido: et:FreeBSD; cambios estética
Liña 1:
'''FreeBSD''' é un [[sistema operativo]] libre para ordenadores con soporte de múltiples arquitecturas ([[alpha]], [[amd64]], [[ARM]], [[x86]], [[IA-64]], [[MIPS]], [[PC-98]], [[Power PC]], [[sparc]]). FreeBSD está basado en [[BSD]] 4.4 de Computer Systems Research Group (CSRG) da University of California, Berkeley seguindo a tradición que distingue o desenvolvemento dos sistemas BSD. Ademais do bo traballo realizado polo CSRG, o proxecto FreeBSD investiu miles de horas en axustar o sistema para ofrecer as máximas prestacións en situacións de carga real. Distribúese baixo [[licenza BSD]].
 
 
== Características ==
FreeBSD é un [[sistema operativo]] [[multiusuario]], [[multitarefa]] con apropiación, inspirado na variante 4.4 BSD-Lite de [[UNIX]]. Aínda que FreeBSD non pode ser propiamente chamado UNIX, ao non ter adquirido a debida licenza de [[The Open Group]], FreeBSD está feito para ser compatible ca norma [[POSIX]], ó igual que varios outros sistemas "clones de UNIX". O sistema FreeBSD inclúe o [[kernel]], a estrutura de ficheiros do sistema, librerías da [[API]] de ''C'', e algunhas utilidades básicas.
 
== Distribución ==
Os instaladores, [[código fonte]] e paquetes do sistema operativo FreeBSD distribuense de maneira gratuita ao público, en forma de ficheiros dispoñibles nos servidores [[FTP]] a través da web. Tamén é posible compralos en forma de CD-ROMs ou DVDs nalgúns distribuidores, principalmente nos Estados Unidos.
[[FileFicheiro:Bsd distributions usage pie.gif|left|thumb|200px|Cuota de mercado dos S.O. BSD]]
 
== Instalación ==
A instalación do sistema FreeBSD pode ser iniciada de dúas formas. A máis común é a utilización dun [[CD-ROM]] ou [[DVD]] auto-arrancable, que carga unha versión abreviada do sistema operativo e un instalador con interface textual (Console User Interface) chamada ''sysinstall''.
 
Tamén é posible iniciar a instalación do sistema utilizando un xogo de 2 ou 3 [[disquetes]] (en función da versión que se desexa instalar), que arrancan o ordenador co xa mencionado sistema FreeBSD abreviado, e levan a mesma utilidade ''sysinstall''. A utilidade sysinstall é a encargada de instalar realmente o [[sistema operativo]], e posee varias alternativas. A saber, instalar o sistema utilizando os datos dispoñibles nun dispositivo de almacenamento local ([[CD-ROM]], [[DVD]], directorio nun [[sistema de arquivos]] [[FAT]], etc.), ou obtenendoos desde un sitio remoto a través dun protocolo de transferenza de ficheiros ([[HTTP]], [[FTP]], [[NFS]], etc.).
 
O igual que para [[Linux]], unha parte importante da instalación centrase no [[partición|particionamento]] do [[disco duro]], pois o sistema FreeBSD utiliza un sistema de ficheiros particular (chamado as veces [[UFS]]), diferente do utilizado polos sistemas [[Windows]], ou [[Linux]].
 
== Ports ==
Os Ports, é un "sistema de instalación" de paquetes prático e eficiente utilizado polo FreeBSD. Consiste nunha estrutura de diretorios, os cales posuen ficheiros (Makefiles) que especifican todos os requisitos da instalación, como se debe compilar o [[código fonte]], e o necesario instalar os ficheiros binarios creados dun determinado paquete no sistema. Isto funciona de forma practicamente automática, ou con pouca intervención do usuario.
 
Liña 23:
Os ficheiros binarios sen compilar dos Ports son chamados "paquetes" e están dispoñibles para descargar. Aínda que poden ser instalados automaticamente; sabendose o nome do paquete e pasando este como parametro ao comando "pkg_add -r" pódese intalar manualmente.
 
== Véxase tamén ==
* [[BSD]]
* [[DragonFly BSD]]
* [[NetBSD]]
* [[OpenBSD]]
* [[Licenza BSD]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.freebsd.org/ FreeBSD web oficial]
* [http://www.eldemonio.org/ El demonio.org] - Información sobre FreeBSD, OpenBSD, NetBSD, etc.
* [http://www.freebsdsoftware.org/ FreeBSD Software] - Páxina dedicada os ports para FreeBSD
 
[[Categoría:BSD]]
Liña 51:
[[eo:FreeBSD]]
[[es:FreeBSD]]
[[et:FreeBSD]]
[[eu:FreeBSD]]
[[fa:فری بی‌اس‌دی]]