Clima árido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Bot Engadido: et:Ariidne kliima; cambios estética
Liña 1:
Os '''climas secos (áridos e semiáridos)''' caracterízanse por presentar un volume de chuvias ([[precipitación]]) menor do que a taxa de [[evaporación]] e [[transpiración]].
 
== Precipitación ==
O limiar entre precipitación e taxa de evaporación determínase da seguinte forma:
 
Para encontrar o limiar de precipitación (en milímetros), multiplícase a temperatura anual media en º°C por 20, súmase entón 280 se o 70% ou máis da precipitación total ocorre na metade do ano de sol alto (de abril a setembro no Hemisferio Norte, ou de outubro a marzo no Hemisferio Sur), 140 se o 30%-70% da precipitación total fose recibida durante o período aplicable, ou 0 se menos do 30% da precipitación total fose recibida nese período. Se a precipitación anual fose menos de metade do limiar do Grupo B, será clasificado como BW ([[clima desértico]]) - se fose inferior ó limiar pero superior a metade deste, será clasificado como BS ([[clima de estepa]]). Pódese incluír unha terceira letra para indicar a temperatura. Inicialmente, h significaba un clima de latitude baixa (temperatura media anual por enriba dos 18º °C) ó paso que k significa un clima de latitude mediana (temperatura media anual inferior a 18º °C), pero a práctica máis común hoxe en día (especialmente nos Estados Unidos) é a utilización de h para significar que o mes máis frío ten un temperatura media superior a 0º °C (32º °F), e de k para significar que polo menos un dos meses ten unha temperatura media por baixo de 0º °C.
 
Exemplos:
 
* [[Yuma]], [[Arizona]] (BWh)
* [[Turpan]], [[China]] (BWk)
* [[Cobar]], [[Australia]] (BSh)
* [[Medicine Hat]], [[Alberta]] (BSk).
 
Algunhas áreas de [[deserto]], situadas ó longo das costas occidentais dos continentes en zonas tropicais ou semitropicais, caracterízanse por temperaturas máis baixas das que se poden encontrar noutros lugares en latitudes comparables (debido á veciñanza de correntes oceánicas frías) e por neboeiros e nubes baixas frecuentes. Isto a pesar do feito de se contaren entre os lugares máis secos da face da Terra en termos de precipitación recibida propiamente dita. Este clima é por veces rotulado como BWn e pódense encontrar exemplos en Lima, Perú e en Walvis Bay, Namibia. Por veces engádese unha cuarta letra para indicar se ben o inverno, ben o verán, son máis "húmidos" do que a outra metade do ano. Para se incluír nun dos dous grupos, o mes máis húmido deberá recibir polo menos 60 mm de precipitación media se tódolos doce meses estiveren por enriba dos 18º °C, ou 30 mm se tal non fose o caso; e polo menos o 70% da precipitación total deberá ocorrer na mesma metade do ano que o mes máis húmido, pero a letra utilizada indica cando a estación seca ocorre, non a "mollada".
 
Exemplos:
 
* [[Cartum|Khartún]], [[Sudán]] serían BWhw.
* [[Niamey]], [[Níxer]] serían BShw.
* [[El Arish]], ''Exipto''; BWhs.
* [[Asbi'ah]], [[Libia]]; BShs.
* [[Umnugobi]], [[Mongolia]]; BWkw.
* [[Xining]], China; BSkw
 
Os BWks e BSks non existen. Se non se cumprisen os criterios nin para w nin para s, non se engade ningunha cuarta letra.
 
[[Categoría:Climatoloxía]]
Liña 36:
[[eo:Arida klimato]]
[[es:Clima árido]]
[[et:Ariidne kliima]]
[[eu:Basamortuko klima]]
[[fr:Climat désertique]]