Casiodoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: he:קסיודורוס
m Bot Engadido: ar:كاسيودوروس; cambios estética
Liña 1:
'''Casiodoro''' ('''Magnus Aurelius Cassiodorus Senator''') foi un político e escritor latino, fundador do mosteiro de ''Vivarium'', naceu en [[Squillace]] sobre o [[485]] e morreu sobre o [[580]]. A vida de Casiodoro artéllase, esencialmente, en torno a dous períodos separados pola conversión (conversión que o levou a abandonar a vida pública).
 
== Vida de Casiodoro antes da súa conversión ==
 
Casiodoro era descendente dunha familia de orixe [[Siria|siria]] (de onde procedería o nome de ''Κασσιόδωρος'') instalada, tras varias xeracións, en Squillace (Scyllacem), en [[Calabria]]. A familia dos ''Cassiodori'' xa desempeñou unha importante misión política despois da súa chegada a [[Italia]]: o bisavó de Casiodoro serviu na armada de [[Valentiniano III]], rexeitando aos [[vándalos]] cando intentaron desembarcar en Calabria e en [[Sicilia]] (sobre o [[420]]); o seu avó formou parte da delegación enviada por [[Atila]] en [[452]], o seu pai foi ''comes sacrarum largitionum'' de [[Odoacro]] e foi nomeado, en [[495]], ''corrector Lucaniae et Bruttiorum'' por [[Teodorico o Grande]], e accedeu, en [[503]] á ''praefectura praetoriana''.
 
Casiodoro estaba predestinado, polo tanto, a exercer unha carreira política de primeira orde, incluso o seu nome (Magnus Aurelius Cassiodorus Senator, nome que el se deu a si mesmo na subscrición das ''Variae'' en [[538]]) dá testemuño da súa pertenza á aristocracia da época: Aurelius significa a alianza de Casiodoro cun membro eminente da ''gens Aurelia'' [[Símaco]] (sogro de [[Boecio]]), e o apelido Senator fai relación ao seu cargo de senador (ao cabo da súa vida, Casiodoro, só asinará como ''Cassiodorus Senator'').
Liña 9:
Aínda que non se ten constancia dos estudos que realizou cabe deducir, polas súas obras posteriores, que profundou na aprendizaxe das [[artes liberais]] e, especialmente, na gramática. Casiodoro comezou a súa carreira política na corte de [[Ravenna]] (en [[503]]), exercendo como conselleiro (''consiliarius'') do seu pai e apuntouse no ''[[cursus honorum]]''. Faise aquí pequena mención da carreira política de Casiodoro:
 
* ''Consiliarius praefecti'' ([[503]]-[[506]]: Casiodoro foi conselleiro do seu pai, prefecto do pretoriado. O seu cargo (unha especie de pre-cuestura) lle veu dado pola recitación dun eloxio de [[Teodorico o Grande]] (''Ordo generis'').
 
* ''Quaestor sacri palatii'' ([[506]]-[[511]]): As actas deste cargo de chanceler están conservadas nos volumes I a IV das ''Variae''.
 
* ''Consul ordinarius'' ([[514]]): Tratábase só dun título honorífico. Aínda que algúns supoñen que sería nomeado despois, tal como o foron o seu bisavó e o seu pai: ''corrector Lucaniae e Bruttiorum'', non existe ningún documento que permita confirmar esta hipótese.
 
* ''Magister officiorum'' ([[523]]-[[527]]): Parece ser que Casiodoro substituíu neste cargo a Boecio (arrestado en 523 e executado en [[524]]), este feito bota unha sombra de dúbida sobre a súa carreira política. (Casiodoro daba a imaxe dun funcionario dilixente, oportunista, que sucedeu a un Boecio que se presentou na ''[[Consolación da Filosofía]]'' como un defensor dos febles). Casiodoro converteuse no amigo íntimo e conselleiro de Teodorico, conservando o seu poder mesmo trala morte deste e baixo a rexencia da súa filla [[Amalasunta]]. En [[527]], Casiodoro desapareceu, provisionalmente, da escena política (retirouse, talvez, ás súas terras de Squillace, retomando o goberno da Lucania e do Bruttium).
 
* ''Praefectus praetorio'' ([[533]]-[[538]]): Casiodoro conservou o seu cargo malia os moitos e confusos acontecementos que se sucederon neste período: morte do mozo [[Atalarico]], fillo de Amalasunta ([[534]]), división do trono entre a rexente Amalasunta e o seu adversario [[Teodato]] (534-[[535]]), asasinato de Amalasunta ([[30 de abril]] de [[535]]). Advenimiento de [[Vitixes]], matrimonio forzado da neta de Teodorico, [[Matasunta]] co usurpador ([[536]]). En [[537]], [[Belisario]] tomou [[Roma]] e puxo sitio a Ravenna ata que a conquistou en [[540]] (o que provocou o exilio de Vitixes, Matasunta e os seus fieis a [[Constantinopla]]); pero Casiodoro foi, oportunamente, apartado do seu cargo en [[538]].
 
* ''[[Patricios|Patricius]]'' (538): Probabelmente Casiodoro obtivo este título despois da súa marcha da prefectura do pretoriado (mantivo, con todo, unhas excelentes relacións coa corte de Ravenna).
 
== A conversión e o retiro de Casiodoro ==
 
Como a maior parte dos políticos da época, Casiodoro era católico. En termos xerais a política dos arianos aos que servía era tolerante cos católicos. Pero, nos comezos da súa carreira, Casiodoro non parecía sentir demasiado interese polas cuestións relixiosas.
Liña 37:
Non se coñece, con exactitude, a data do falecemento de Casiodoro, despois da redacción do seu tratado ''De Orthographia'' (escrito aos 93 anos) continuou corrixindo a súa obras anteriores (especialmente as ''Institucións''), pero tendo en conta que a súa obra literaria se terminou con (''Iam tempus est ut totius operis nostri conclusionem facere debeamus'', un prefacio para ''De Orthographia''), pode situarse a data da súa morte sobre o 580.
 
== Algunhas obras de Casiodoro ==
 
* ''Laudes'' (panexíricos reais): compostos por Casiodoro desde o [[506]].
* ''Chronica'': lista consular, destinada a [[Eutarico]], xenro de Teodorico, presunto herdeiro morto en [[519]].
* ''Historia Gothorum'': obra recollida en doce libros, composta por encarga de Teodorico. Desta obra, actualmente perdida, consérvase o resumo de [[Xordanes]] (''De orixine actibusque Getarum'').
* ''Variae'': recompilación de 468 cartas e formularios oficiais, en doce libros (conteñen as actas redactadas por Casiodoro como administrador: l. I-IV, como mestre de oficios: l. V e VIII-IX, e como prefecto do pretoriado: l. X-XII; os libros VI e VII conteñen as fórmulas de promoción ou de decretos redactadas por Casiodoro); Casiodoro limitouse a transcribir, nesta recompilación, só aquelas actas que puido atopar (o que lle permitiu eludir o que afectaba ao seu honor, entre outros todo aquilo que trataba do arresto de Boecio acontecido no 523).
* ''Ordo generis Cassiodororum'': lista dos ''escritores'' e ''eruditos'' da familia (escrita de maneira aleatoria e, sen dúbida, resumida).
* ''Liber de anima'': tratado sobre o alma baseado nas [[Sagradas Escrituras|Escrituras]] e nos textos filosóficos citados por [[Claudiano Mamerto]] no seu ''De statu animae''; o ''liber de anima'', escrito, probabelmente, en 538 sinala o comezo da conversión de Casiodoro.
* ''Expositio psalmorum'': proxecto concibido e iniciado en Ravenna en 538, é a obra máis considerabel de Casiodoro, que consiste nun comentario gramatical, literario, [[Ascetismo|ascético]] e teolóxico acerca dos Salmos. Esta obra está inspirada nas ''Enarrationes'' de [[Agostiño de Hipona|Agostiño]]. Foi revisada polo propio Casiodoro durante o seu retiro en Vivarium.
* '''''Institutiones''''': é a obra máis coñecida de Casiodoro, escrita, expresamente, para os monxes de Vivarium (introdución ás Escrituras e ás [[artes liberais]]), é posterior á estancia de Casiodoro en Constantinopla. O primeiro libro das ''Institutiones'' subtitúlase ''Institutiones divinarum litterarum'' (baseado nas Escrituras), e o segundo ''Institutiones saecularium litterarum'' (dedicado ás [[artes liberais]]). Casiodoro revisou estes textos nos seus últimos anos, e era xa moi vello cando escribiu o ''codex archetypus'',
* ''Expositio Epistulae ad Romanos'': remodelación do comentario de [[Pelaxio]] sobre as trece epístolas paulinas.
* ''Codex de grammatica''
* ''Liber memorialis'' ou ''liber titulorum''
* ''Complexiones apostolorum''
* ''De Orthographia'': compilación de extractos de Cornuto, Velio Longo, Curcio Valeriano, Papiriano, Adamantio Martirio, Eutiques, Ceselio e Prisciano.
* ''Historia ecclesiastica'' ou '' Historia tripartita''.
* ''Antiquitatum Iudaicarum libri XXII'': tradución de [[Flavio Xosefo]], que tivo unha gran influencia na [[Idade Media]].
* ''Adumbrationes in Epistulas canonicas'': extractos traducidos e purgados das ''Hypotyposes'' de [[Clemente de Alexandría]].
* ''Commenta Librorum Regum''.
* ''Comentario de [[Xerome]] «in propria IV evangeliorum»''.
* ''Recueils canónicos''.
* ''Recueils haxiográficos''.
* ''Florilexios dogmáticos''.
* ''Psalterium archetypum'': un manuscrito que contén todos os Salmos, puntuado polo propio Casiodoro.
* ''Codex grandior'' da [[Biblia prevulgata]]: recompilación de todo o conxunto das Escrituras destinado á lectura pública.
* ''Vulgata'' casiodoriana, obra realizada a partir duns manuscritos que pasaban por ser autógrafos de [[Xerome]]; esta recompilación foi, sen dúbida, a orixe do texto da Vulgata no ''[[Codex Amiatinus]]'', que é o manuscrito no que se basea a nosa [[Vulgata]] actual.
* un ''Tratado da alma''.
* catro tomos das ''Artes liberais'', titulado ''De institutione divinarum Litterarum'' (aritmética, astronomía, xeometría, música).
Liña 71:
 
 
== Ver tamén ==
 
* [[Artes liberais]]
* [[Boecio]]
* [[Beda]]
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://www.zenit.org/article-26647?l=spanish Bieito XVI traza o perfil dos escritores Boecio e Casiodoro]
 
[[Categoría:Historiadores medievais]]
Liña 86:
[[Categoría:Escritores en latín]]
 
[[ar:كاسيودوروس]]
[[bg:Касиодор]]
[[bs:Kasiodor]]