República Krajina de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Krajina.png|right|En vermello, República Krajina de Serbia]]
A '''República Krajina de Serbia''' (en [[serbocroata]]:''Република Српска Крајина'') foi unha autodeclarada ([[1991]]) entidade serbia dentro de [[Croacia]] que existiu até ser conquistada polas forzas croatas en [[1995]]. Unha parte perviviu até [[1998]] baixo administración das [[Nacións Unidas]] na parte leste de [[Eslavonia]].
 
 
 
==Historia==
===Antecedentes===
 
==Antecedentes==
 
No segundo terzo do [[século XVI]], [[Austria]] mandou construir trincheiras e militarizar a zona (''Krajina'':''fronteira miliitar''), para defenderse do [[Imperio Otomán]]. Moitos serbios inmigraron á rexión para combater ós otománs. En [[1867]], o goberno austrohúngaro recoñeceu "ós serbios que viven nesta nación como iguais ós croatas que viven na súa". En [[1881]] a fronteira militar voltou a ser recuperada por Croacia.
 
Liña 16 ⟶ 12:
En [[1989]] as concentracións políticas dos nacionalistas serbios dirixidos por [[Slobodan Milosevic]] chegaron ó cumio coa vitoria en [[1990]] dos independentistas croatas. Nese tempo, un 12,2% da poboación de Croacia definíase como serbia. E tiñan o apoio do goberno central iugoslavo controlado por [[Serbia]].
 
===A revolución dos troncos===
 
Unha nova constitución croata postergaba o estatus dos serbios como nación dentro de Croacia á de minoría. Isto intensificou as demandas serbias de autonomía cultural e outras demandas. De feito, a nova constitución croata contradicía á constitución iugoslava. Os nacionalistas serbocroatas abandonaron o parlamento croata e constituíron un '''Consello Nacional Serbio''' en xullo de [[1990]]. [[Milan Babic]] foi elixido presidente do consello, tamén se aprobou a formación dunha milicia paramilitar baixo as rdes de [[Milan Martic]], xefe de policía de Knin. Levantáronse barricadas con troncos nas principais estradas que unen á ''Krajina'' do resto de Croacia.
 
Organizaron entón os serbocroatas un referendo sobre a "soberanía e autonomía" da ''Krajina'', o 99,7% votou a favor, pero o goberno de [[Zagreb]] o declarou ilegal.
 
===A guerra en Croacia===
 
O [[21 de decembro]] de [[1990]], a administración de Babic anunciou a creación do '''Distrito Autónomo Serbio'''. O [[1 de abril]] de [[1991]], declararon a secesión de [[Croacia]] (ou a permanenza na [[Iugoslavia]]), outras rexións orientais de Croacia pediron a súa inclusión no Distrito e negáronse a pagar taxas ó goberno de Zagreb. O [[25 de xuño]] de 1991, Croacia e [[Eslovenia]] independízanse de Iugoslavia. Case inmediatamente os paramilitares serbios co apoio do exército iugoslavo (''JNA'') comezaron actividades de guerrilla e rápidos ataques a postos da policía croata.
 
No territorio da Krajina os grupos paramilitarse serbios ou serbocroatas crearon segundo o Tribunal de Crimes de Guerra "unha estrutura paralela da seguridade do estado e da policía da Krajina e unidades mandadas pola seguridade do estado de Serbia". A poboación non serbia da Krajina foi expulsada do seu fogar. En dous meses, os serbocroatas controlaban un terzo de Croacia. Ata decembro de 1991, calcúlanse nuns 80.000 musulmans e croatas que sufriron a [[limpeza étnica]] serbocroata.
 
===Proclamación da república===
 
O 19 de decembro de 1991 o Distrito Autónomo declárase República Krajina de Serbia. O [[26 de febreiro]] de [[1992]], únense á república Eslavonia occidental, o Distrito Autónomo de Eslavonia, Baranja e Srem occidental. Na súa máxima extensión, a República ocupa un área de 17.028 qm2.
 
===A tensa paz===
 
En xaneiro de 1992, o enviado da ONU [[Cyrus Vance]] media un alto o fogo. O ''JNA'' abandona Croacia deixando o seu armamento ás forzas paramilitares serbocroatas. Aínda así, os non serbios non puideron voltar ós seus fogares. O [[21 de febreiro]] de 1992 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas ordena a creación da UNPROFOR (Forza de Protección das Nacións Unidas). En decembro de 1992, Croacia divide administrativamente o seu territorio e concede dous condados á minoría serbocroata. Ista medida é vista como tardía e insuficiente (non incluía territorios da rpública como Baranja, Eslavonia occidental e Srem occidental).
 
Liña 42 ⟶ 34:
A comezos de [[1993]] Croacia lanza dúas ofensivas para alivia-la presión do corredor que mantén unida a parte norte do país con Dalmacia. Cascos azuis canadenses impiden que os croatas avancen máis. O goberno de Knin pide axuda a Belgrado e Milosevic envía 4.000 paramilitares, entre os que se conta a Garda Voluntaria Serbia de [[Zeljko Raznatovic]] (''Arkan'').
 
===Invasión final===
 
A mediados de [[1995]], Croacia en dúas operacións gaña o control da república. A minoría serbocroata (150.000 a 200.000 persoas) fuxe por mor das represalias. Altos mandos das [[Forzas Armadas de Croacia]] foron acusados polo Tribunal de Crimes de Guerra pola persecución á poboación civil serbia en Croacia.
 
O proceso de reintegración do territoria a Croacia rematou definitivamente en [[1998]] baixo supervisión das Nacións Unidas. Un goberno no exilio foi creado en [[2005]] para pedir [[reparacións de guerra]] a Croacia para a poboación serbia.
 
==FontesVéxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.un.org/icty/indictment/english/bab-ii031117e.htm Acusación de Milan Babic perante o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia]
[[* [http://www.vladarsk.com ]Vladarsk.com]
* [http://www.un.org/icty/indictment/english/bab-ii031117e.htm Acusación de Milan Babic perante o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia] {{en}}
 
[[Categoría:Historia de Croacia]]
 
[[ http://www.vladarsk.com ]]
 
[[bg:Република Сръбска Крайна]]