Pomba mensaxeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
cat
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ligazon
Liña 1:
[[Ficheiro:Homing pigeon.jpg|thumb|Pomba mensaxeira]]
Unha '''pomba mensaxeira''' é unha [[Variedade (Bioloxía)|variedade]] de [[pomba brava]] (''Columba livia'') que se adestra para que volte ao seu [[pombal (edificio)|pombal]] desde longas distancias levando algún tipo de [[mensaxe]] ou [[carta]], chamadas [[columbograma]]s, nun tubo anular que se lles coloca nunha [[pata]].
 
Segundo a tradición bíblica, a máis antiga pomba mensaxeira foi a que lle levou a [[Noé]] a mensaxe do retroceso das augas despois do diluvio ao regresar cunha póla de [[oliveira]] no [[peteiro]], convértendose no símbolo da [[paz]], [[pomba da paz]]. O certo é que a utilización da pomba como [[medio de comunicación]] coñécese desde a antigüidade: os gregos transmitían ás cidades os nomes dos gañadores dos [[Xogos Olímpicos]] por medio de pombas e as lexións romanas contaban con pombares móbiles que acollían milleiros de exemplares, os árabes perfeccionaron o seu uso e utilizáronas, por exemplo, contra os cruzados en [[Terra Santa]] para coñeceren os seus movementos. Existiron servizos de correo regulares por medio de pombas mensaxeiras e emitíronse [[selo postal|selo]]s de uso exclusivo para estes servizos.