Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Orixes da cantiga de amor: imaxe dun trobador
Liña 27:
No caso galego-portugués, os poetas nunca chegan ao grao de ''dudro'' e os estudosos discuten se os compositores galegos ficaron na fase de ''precador'' ou se, nalgúns casos, pasaron á de ''entendedor''.
==A idealización da muller. A coita e a morte de amor==
[[Ficheiro:Cantiga pipe and tabor.jpg|thumb|Músicos tocando unha cantiga, miniatura das [[Cantigas de Santa María]]]]
En todas as cantigas de amor galego-portuguesas, a descrición da ''senhor'' é máis ben abstracta. Isto é debido a que, normalmente, o código da lírica amorosa trobadoresca esixía que a ''senhor'' fose unha muller ideal. Derivado disto, as poucas alusións que atopemos ás calidades físicas ou psicolóxicas da muller serán moi xerais (''molher de cos ben talhado'', o ''sen''). Mais isto non é sempre así. Achamos composicións en que esta regra non se cumpre. Así, nunha catiga de [[Johan Garcia de Guilhade]], o autor fai referencia á fermosura dos ollos da dama, ou noutra de Vidal, [[Judeu de Elvas]] achamos alusións ao peito branco da ''senhor''.