Vermudo II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Bermudo II de León; cambios estética
Liña 2:
'''Vermudo II de León e de Galiza''' (ou '''Vermudo II'''; c. [[956]] — [[O Bierzo]], [[999]]), foi [[lista de reis de Galiza|rei da Galiza]] a partir de [[982]] e de [[lista de monarcas de León|León]] desde [[985]] e até a sua morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de [[Ordoño III]]. Foi cognominado ''o Gotoso'', por sofrer de [[Gota (doenza)|gota]].
 
== Coroación en Galicia ==
 
[[Ramiro III]] apoiábase en casas nobiliarias alleas a Galicia, como os Beni Gómez. Incorría nesto no mesmo erro que o seu pai [[Sancho I]] que fora envelenado polo ''dux'' galaico-portugués Gonzalo Muñoz. A ameaza normanda e musulmá (ocupación de Simancas por Almanzor) incrementaban o descontento.
Liña 12:
No ano 986 outorga privilexios as comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como [[Pico Sacro]]) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de [[Almanzor]].
 
== Insurrección leonesa ==
Toda Galicia recoñecía a Vermudo, pero os Beni Gómez, condes de [[Saldaña]], descoñecían a súa autoridade en terras leonesas. Gómez García e García Gómez eran avós e tío do fillo de Ramiro III, Ordoño Ramírez, e mantiveron en pé os seus dereitos. Nas estadías de Vermudo II en Galicia encontrouse cos señores rebeldes propagando a falsa noticia da súa morte e señoreándose de León nos anos [[989]] e [[990]]. O nobre Conancio gobernou a teórica capital do reino en franco desafío ao rei galaico-leonés. Vermudo II volveu dende Galicia e conseguiu expulsar a Conancio, confiscándolle os seus bens.
 
Liña 19:
O novo monarca galaico-leonés conseguira o apoio do bispo de León. Motivo polo cal este viu as súas terras asoladas polos condes leoneses. [[Almanzor]] tería entre os rebeldes a Vermudo II uns valiosísimos aliados.
 
== Almanzor ==
 
Almanzor arrasaría León, [[Zamora]], [[Tui]] e no ano [[997]] a cidade de Santiago de Compostela, onde non deixa pedra sobre pedra da [[Catedral de Santiago|catedral xacobea]]. As portas e as campás da catedral compostelana son levadas a hombreiros de galegos ata [[Córdoba, España|Córdoba]] nun acto de humillación para o reino cristián. A superioridade militar do caudillo musulmán, aconsella a Vermudo II non presentar batalla aberta e deambular por Galicia sostendo un reino a piques de derrubarse. Tras esta terrible vaga, Vermudo II acudiu a Santiago onde auxiliou ao seu bispo San [[Pedro de Mezonzo]] a erguer das súas ruínas a basílica do Apóstolo. No ano [[999]] confiaba o monarca o goberno do [[mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro]] ao presbítero Anscario e ao monxe Trasuario.
 
== Pervivencia da súa liñaxe ==
 
Sosténdose na nobreza galega, busca apoios tamén na castelá. Casa coa filla do conde de [[Castela]], Elvira García, e confía a educación do seu fillo ao conde galego [[Menendo González]]. Este será o dono da situación á morte de Vermudo no ano 999, e defenderá con éxito os dereitos do seu protexido [[Afonso V]] o devandito fillo de Vermudo II.
Liña 29:
A morte lévao no ano 999 estando no [[Bierzo]]. Os seus restos consérvanse na catedral de León.
 
== Familia ==
 
* '''1º matrimonio''' con [[Valasquida]], filla de [[Ramiro II de León|Ramiro II]]: Cristina.
* '''2º matrimonio''' con Elvira García, filla do conde de Castela [[García Fernández]]: [[Afonso V o Nobre]], Teresa e Sancha.
Fillos ilexítimos: Elvira e Pelaio.
 
Liña 51:
DATA_SAIDA=[[999]]|
}}
 
 
[[Categoría:Reis de León]]
Liña 59 ⟶ 58:
[[de:Bermudo II. (León)]]
[[en:Bermudo II of León]]
[[es:Bermudo II de León]]
[[eu:Bermudo II.a Leongoa]]
[[fr:Bermude II de León]]