Bésta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pequena frase tirada da wiki en esp
nova imaxe
Liña 12:
Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha [[loriga]] a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un [[rifle]]) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en [[Gales]] ([[Illas Británicas]]): mentres o [[besteiro]] disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e fornido arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a casi 300 metros de distancia.
 
[[Ficheiro:FrenchMountedCrossbowman.JPG|thumb|[[Cabalaría medieval|Cabaleiro]] [[Francia|francés]] do [[século XVI]] armado cunha bésta]]
A resistencia das [[armadura]]s fora aumentando co progreso da [[siderurxia]], o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de [[aceiro]] a comezos do [[século XIV]], que substituiu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituiu o anticipo máis equivalente das [[arma de fogo|armas de fogo]]. Como nestas, a bésta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril da frecha para aliñalo co branco ao que se tiraba. A a súa efectividade a distancia só foi superada pola [[pólvora]]. Os soldados que portaban esta arma chamábanse "besteiros".