Bésta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Samostrel
nova imaxe
Liña 1:
[[ficheiro: DaVinci Crossbow.JPG|thumb|250px |Bésta trazada por [[Leonardo da Vinci]], c. 1500]]
[[Ficheiro:Armborst 1, Nordisk familjebok.png|150px|right]]
:''Para outros usos da palabra ver [[Bésta (homónimos)]]''
----
A '''bésta''' é unha [[arma]] antiga que se difunde en [[Europa]] no [[século X]] como evolución e perfeccionamento do primitivo [[arco]] e [[frecha]].

== Historia==
Puido ser inventada polos [[china|chineses]] e foi coñecida polos [[romano]]s. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a [[Idade Media]]. Desprezada polos [[cabaleiro]]s, foi prohibida pola [[Igrexa]] contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido [[síncope|sincopada]] do [[lingua italiana|italiano]] ''balestra'', que por súa vez deriva do [[latín]] tardío ''ballistra'' ou ''arcuballistra''.
 
O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituida finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por una seta curta e metálica, capaz de perforar as [[coirazas]]. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas máns ou o pe ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanimos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.
 
[[Ficheiro:Armborst 1, Nordisk familjebok.png|150px|rightthumb|left]]
Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha [[loriga]] a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un [[rifle]]) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en [[Gales]] ([[Illas Británicas]]): mentres o [[besteiro]] disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e fornido arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a casi 300 metros de distancia.