Bobby Fischer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Campións Mundiales de Xadrez Modelo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be:Бобі Фішэр; cambios estética
Liña 4:
'''Robert James Fischer''', chamado '''Bobby Fischer''', nado en [[Chicago]] o [[9 de marzo]] de [[1943]] e falecido en [[Reykjavík]] o [[18 de xaneiro]] de [[2008]], foi un [[xadrez|xadrecista]] [[Estados Unidos|estadounidense]], logo nacionalizado [[Islandia|islandés]].
 
== Biografía ==
=== Primeiros anos ===
Naceu no seo dunha familia de [[emigración|emigranteemigrantes]]s [[Alemaña|alemáns]]; os seus pais divorciáronse cando Fischer tiña dous anos. Aos seis, cando marchou canda a nai a [[Brooklyn]], Fischer aprendeu en por si a xogar ao [[xadrez]] polas instrucións que viñan nun pequeno xogo que lle regalara a irmá. Ao principio xogaba contra ela, pero axiña necesitou adversarios máis fortes para desenvolver o seu xogo. Á idade de 7 uniuse ao club de xadrez de Brooklyn, onde o seu presidente, [[Carmine Nigro]], encargouse persoalmente da súa formación.
 
Ata os 13 anos, Fischer asistiu á Erasmus Hall High School, pero deixaría o instituto sen graduarse. Varios profesores do mesmo recórdano como un mozo difícil. En [[1956]] a súa nai conseguiu que John W. Collins, titor doutros xogadores sobresalientes, incluídos [[Robert Byrne]] e [[William Lombardy]], o aceptase como alumno. O seu ascenso á elite da competición foi moi rápido. Con 13 anos participou no torneo "Rosenwald Memorial", onde xogou contra [[Donald Byrne]]. En [[1957]] á idade de 14 obtivo o campionato de [[Estados Unidos]] de xadrez.
 
=== Gran mestre ===
[[Ficheiro:Fischer Score Card.jpg|200px|thumb|Cartón de puntuación de Fischer de [[1970]].]]
No plano internacional, a súa carreira coincidiu co apoxeo da escola [[URSS|soviética]] que dominou o mundo do xadrez desde [[1948]] ata [[1972]]. O campionato estadounidense gañado por Fischer era de carácter zonal para a [[FIDE]] e a súa vitoria abriulle as portas do campionato mundial. Ao ano seguinte, á idade de 15 anos, logrou o título de ''[[Gran mestre (xadrez)|gran mestre]]'' ao ocupar o quinto posto no Interzonal de Portoroz. Foi o xadrecista máis novo en obter esa distinción ata ese momento. Con ese quinto lugar conseguiu ademais o dereito de xogar o Torneo de Candidatos no que se seleccionaba ao que había de disputar o título mundial ao campión, naquela altura [[Mikhail Botvinnik]]).
Liña 18:
A principios dos [[anos 1970|anos 70]] chegou á final do campionato mundial. Tras gañar o internacional de [[Palma de Mallorca]], derrotou a [[Mark Taimanov]] (6-0), [[Bent Larsen]] (6-0) e [[Tigrán Petrosián]] (6,5-2,5) nos enfrontamentos do torneo de candidatos, todos eles no top 10 mundial e obtivo o dereito a enfrontarse a [[Boris Spassky]]. A serie de 19 vitorias consecutivas (as 6 últimas do interzonal, as dos seus enfrontamentos con Taimanov e Larsen e a primeira do seu enfrontamento con Petrosian) constitúe un fito histórico.
 
=== A partida do século ===
O encontro con Spassky celebrouse en [[Reykjavík]]. Concitou unha extraordinaria atención en todo o mundo visto tamén como un encontro político en plena [[guerra fría]]. Fisher perdeu a primeira partida en enfrontamento limpo e a segunda por non presentarse. Parecía que Spassky retería o título para o xadrez soviético pero Bobby venceu na terceira. A cuarta partida foi táboas e desde a quinta impúxose rotundamente Fischer. Logo dun tenso desenvolvemento, Fischer venceu o seu rival tras 21 partidas (Spassky abandonou a partida decisiva mentres o seu adversario durmía no hotel) e coroouse [[Campión do mundo de xadrez|campión mundial]] o [[31 de agosto]] de 1972 cun total de 7 partidas gañadas, 3 perdidas e 11 táboas. Foi o primeiro e único estadounidense en conquistar o título. Foi coñecida pola historia como "a partida do século".
 
Liña 24:
 
 
==== A partida 21 ====
 
{| border="0"
Liña 51:
|}
 
=== Os últimos anos ===
En setembro de [[1992]] aceptou participar nun encontro de exhibición conmemorando os 20 anos do seu enfrontamento con Spassky (xa nacionalizado [[Francia|francés]]) que había de ter lugar en [[Iugoslavia]]. Volveu vencer o seu antigo rival e obtivo o premio de 3 millóns de dólares que ofrecera un empresario iugoslavo. Pero en 1992, Belgrado estaba baixo o bloqueo do goberno dos Estados Unidos e a acción de Fischer foi considerada no seu propio país como un acto de [[traizón]] e foi posto na lista de fuxitivos do [[FBI]] e da [[CIA]]. Entón, Fischer desapareceu de novo.
 
Liña 58:
Á súa chegada a Reykjavík foi aclamado como un [[heroe]] por unha multitude de seguidores. Faleceu catro anos despois nese país.
 
== Ligazóns externas ==
* {{chessgames xadrecista|id=19233}}
* [http://www.bobby-fischer.net/ Bobby-Fischer.net] {{en}}
* [http://bobbyfischer.net/ BobbyFischer.net] {{en}}
* [http://www.wtharvey.com/fisc.html 65 posicións decisivas dos seus xogos] {{en}}
* [http://www.bobby-fischer.net/Bobby_Fischer_Articles51.html Relato de Nigel Short sobre posibles xogos contra Bobby Fischer no ICC] {{en}}
* [http://www.cnn.com/2008/US/01/18/fischer.obit/?iref=mpstoryview Notícia na CNN no dia seguinte a sua morte] {{en}}
* [http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/7195840.stm Notícia na BBC no dia seguinte a sua morte] {{en}}
 
 
Liña 71:
|-
|width="30%" align="center"|Anterior:<br />'''[[Boris Spassky]]'''
|width="40%" align="center"|'''[[Campión do mundo de xadrez]]'''<br />1972&ndash;19751972–1975
|width="30%" align="center"|Seguinte:<br />'''[[Anatoli Karpov]]'''
|}
Liña 83:
[[ar:بوبي فيشر]]
[[az:Robert Fişer]]
[[be:Бобі Фішэр]]
[[bg:Боби Фишер]]
[[bn:ববি ফিশার]]