Hadrián VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Adrián VI
aumentado desde es:Adriano VI
Liña 1:
{{Papas en progreso}} {{PapS-XVI}}
[[Ficheiro:Hadrian VI.jpg|thumb|left|Hadrián VI]]
'''AdriaanHadrián FlorenszVI''', (nado Adrianoco nome de Utrecht, '''Adriaan Florenszoon Boeyens'' )', ([[2tamén coñecido como '''Adriano de marzo]] [[1459]]Utrecht''', nado en [[Utrecht]], [[Países(daquela Baixos]]pertencente -ao [[14Sacro deImperio setembro]]Romano [[1523Xermánico]],) o [[Roma]],2 [[Italiade marzo]]) foide [[papa1459]] doe 9finado de xaneiro deen [[1522Roma]] aoo [[14 de setembro de [[1523]] baixo o nome de Hadrián VI (en [[latín1523]] ''Hadrianus VI'', enfoi [[italianopapa]] ''Adriano VI''), único papa orixinario de Países Baixos (entón integrados noda [[SacroIgrexa Imperio Romano XermánicoCatólica]] eentre poloo tanto9 consideradode último papa alemán antesxaneiro de [[Bieito XVI, papa|Bieito XVI1522]]), e últimoo papa14 non-italianode antes da elecciónsetembro de [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]] en [[19781523]].
 
Lonxe da avidez, as manobras e a longa espera de anteriores aspirantes ao trono de [[Pedro, papa|San Pedro]] no afán por acadalo, Hadrián mostrouse indiferente ao cargo, non fixo nada por acadalo e, sumerxido como estaba nas intrincadas tarefas da rexencia de [[España]], nin sequera asistiu ao [[cónclave]] no que foi designado. De todos modos, a súa aparente desidia por erixirse na máxima autoridade da igrexa católica estaba plenamente compensada co interese do seu egrexio discípulo, o emperador [[Carlos I de España|Carlos V]], que presionou canto foi necesario para lograr a checada ao solio pontificio do seu antigo preceptor.
 
==Traxectoria==
Era fillo dun ebanista, e foi educado na ''[[devotio moderna]]'', no amor á [[virtude]] e á [[ciencia]]. En [[1479]] ingresou na [[Universidade Católica de Lovaina|Universidade de Lovaina]], onde máis tarde sería profesor de [[Teoloxía]] e reitor.
 
Foi elixido por [[Maximiliano de Austria]] como mestre do seu neto [[Carlos I de España|Carlos de Gante]]. Exerceu o seu cometido durante dez anos (1505-1515), levando a cabo importantes misións en defensa dos intereses do seu pupilo.
 
En [[1516]] o herdeiro das coroas de [[reino de Castela|Castela]] e [[reino de Aragón|Aragón]] enviou a Hadrián como legado ante o [[cardenal Cisneros]], rexente dos reinos trala morte en xaneiro de [[Fernando II de Aragón|Fernando o Católico]].
 
Fernando fixo o seu [[testamento]] mentres presidía, xa enfermo, as Cortes de [[Burgos]] en xullo de 1515. Deixou como herdeiro ao [[Fernando I de Habsburgo|infante don Fernando]]. Este documento foi levado axiña ao mestre, que recibiu plenos poderes, mesmo para tomar posesión da [[Coroa de Castela]].
 
Xa convertido en rei de España, Carlos I agradeceu os servizos prestados polo fiel mentor impulsando o seu ascenso na carreira eclesiástica, primeiro como bispo de [[Tortosa]] en 1516, máis tarde como [[inquisidor]] xeral da [[Coroa de Aragón]] e despois da de [[Castela]], e xa por fin como membro do colexio cardenalicio.
 
===Rexente de Castela===
Carlos V distinguíuno confiándolle a rexencia de España cando tivo que ausentarse do país en [[1520]] por mor da designación como cabeza do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]]. Non foi unha encomenda fácil, pois nese momento os casteláns queixábanse da [[soberbia]] e [[codicia]] dos [[Dinastía de Borgoña|borgoñóns]]. Ausente o rei, orixinouse a [[Guerra das Comunidades de Castela]], que terminou coa [[batalla de Villalar]], e a revolta das [[xermanías]] levantinas. Así, o 31 de outubro de 1520, contando con apoio suficiente inicia as hostilidades.
 
===Pontificado===
[[Ficheiro:SantaMariaAnima-TombaAdrianoVI01-SteO153.JPG|thumb|right|200px|Tumba de '''Hadrián VI'''.]]
O [[9 de xaneiro]] de 1522 foi elixido Papa, sucedendo a [[León X]]. Nese momento estaba en [[Gasteiz]] exercendo a rexencia de España, preparando [[Nafarroa]] para a defensa fronte á invasión francesa. A noticia chegou á [[Casa do Cordón de Vitoria|Casa do Cordón]], onde se hospedaba, o 22 dese mes. Foi o último Papa non italiano até 1978, en que foi elixido o polaco Karol Wojtyła ([[Xoán Paulo II]]).
 
Nunha solemne declaración, aceptou a elección o 8 de marzo de 1522. Proclamou a súa confianza en [[Xesús de Nazareth|Cristo]], «que lle dará forza, aínda sendo indigno, para defender a cristiandade contra os ataques do mal, e para reducir, ao exemplo do bo pastor, a unidade da Igrexa aos que erran e están engañados»<ref>PASTOR, Papstgesch. IV, 2 p. 35</ref>. Axiña emprendeu a viaxe, acompañado do seu secretario e biógrafo, o Doutor [[Blas Ortiz]], seguindo o curso do [[río Ebro|Ebro]] até [[Tarragona]], onde embarcou cara a Roma. A cerimonia de coroación tivo lugar o [[31 de agosto]].
 
Á chegada do Papa na cidade había unha [[plaga]] de [[peste]]. Ao día seguinte da coroación pediu axuda aos cardeais para o seu duplo proxecto: a unión dos príncipes cristiáns para combatir o [[Imperio Otomán]] e a reforma da curia. Tivo dificultades entre os cardeais, non habituados ao seu estilo de vida sobrio e austero. O seu costume de celebrar a [[misa]] a diario, algo insólito daquela, producíu rexeitamento. No consistorio do 26 de marzo de 1523 o cardeal de Santa Croce quixo pedir a confirmación dos indultos e privilexios concedidos por León X. Cando o cardeal lle lembrou a inaudita amabilidade coa que os cardeais o elixiran Sumo Pontífice, Hadrián retrucou que o chamaran ao martirio e o cárcere. Alí tiña unha Igrexa esgotada e pobre, polo que lles debía moi pouco; eles foran máis ben os seus verdugos.
 
Curtido nos avatares políticos antes da chegada a [[Roma]], o seu breve paso polo [[Vaticano]] non lle deu oportunidade de utilizar a experiencia adquirida nas tarefas de estado. E malia que debía a elección como Papa ao empeño de Carlos V, non por iso lle foi dócil e sumiso de forma incondicional.
 
Hadrián fixo esforzos por obrar con imparcialidade na pugna continuada entre Carlos e [[Francisco I de Francia]]. Malia todo, finalmente entrou en alianza secreta con Carlos V, [[Inglaterra]] e [[Venecia]] en contra de [[Francia]]. A súa morte temprá (setembro de 1523) impediulle realizar calquera acción no seo de tal alianza, como tampouco lle permitiu pór remedio algún ao avance da [[Reforma Protestante]] de [[Martiño Lutero]].
 
Durante o seu pontificado, Hadrián VI canonizou a [[Antonino de Florencia]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a el coma ''Leo Florentius'' (O león de Florencia), cita que fai referencia ao apelido familiar (Florenz), cuxo escudo de armas contén un león.
 
==Notas==
{{referencias}}
 
==Bibliografía==
*''Itinerarium Adriani Sexti''. Blas Ortiz, Vitoria, 1950
*[[Pedro Gan Giménez|Gan Giménez, P.]]: "La política y los problemas interiores", en ''Historia General de España y de América'' (tomo VI). Madrid, Ediciones Rialp (1986). ISBN 84-321-2101-0
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
{{commons|Pope Adrian VI}}
*[http://www.catholic-hierarchy.org/bishop/bflo.html Catholic Hierarchy]
 
[[Categoría:Papas]]