León IX, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sk:Lev IX.
aumentado desde es:León IX
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-XI}}
 
'''León IX''', nado co nome de '''Bruno de Egisheim-Dadsburg''' en [[Eguisheim]] ([[Alsacia]]) o [[21 de xuño]] de [[1002]] e finado en [[Roma]] o [[18 de abril]] de [[1054]], foi o [[Papa]] nº 152 da [[Igrexa católica]] de [[1049]] a [[1054]].
 
==Traxectoria==
Bruno naceu en [[Eguisheim]] ([[Alsacia]], actual [[Francia]]), se ben hai teorías que defenden que naceu en [[Dabo]] ou en [[Walscheid]] ([[Mosela]]). Pertencía a unha importante familia: fillo do conde de [[Alsacia]], [[Hugo de Egisheim]], e polo tanto pariente do emperador [[Henrique III de Alemaña||Henrique III]], estando ligado por parte de nai aos carolinxios de [[Francia]] occidental e por parte de pai aos reis xermanos.
 
[[Ficheiro:Leon IX.jpg|thumb|left|León IX]]
 
Con cinco anos foi confiado ao bispo [[Berthold de Toul]] para ser educado na escola da [[catedral de Toul|catedral]], onde se mostrou especialmente dotado. Trala morte do seu titor, foi chamado á corte do emperador [[Conrado II]].
 
En [[1026]] conduciu as tropas levantadas a [[Toul]] para unha campaña en [[Lombardía]]. Trala morte do bispo [[Hermann de Toul]], foi proposto polo [[clero]] coma sucesor, malia contar só con 24 anos. Conrado deulle permiso para ser bispo de Toul, pero Bruno negouse a facer o xuramento de fidelidade ao bispo metropolita de [[Treveris]], e este negouse a ordenalo. Trala intervención do propio Conrado, o [[9 de setembro]] de [[1027]] foi consagrado polo arcebispo [[Poppo de Treveris]].
 
En novembro de [[1048]] foi designado por Henrique III, nun congreso de príncipes e bispos celebrado en [[Worms]] para suceder no pontificado ao efímero [[Dámaso II, papa|Dámaso II]].
[[Ficheiro:Castelo-Condes-Eguisheim.jpg|200px|thumb|right|Castelo en Egisheim, Alsacia, lugar de nacemento do Papa León IX.]]
Con esta elección o emperador pretendía que o pontificado se incorporase á igrexa imperial que Henrique dirixía tal e como lograra con anterioridade o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino I]]. Non obstante, León IX condicionou a aceptación do cargo á celebración posterior dunha elección canónica, o que dá unha primeira idea do seu rexeitamento ao sometemento imperial, o que motivou que o retraso da súa consagración até o 12 de febreiro de 1049, tras ser aceptado polo pobo e o clero romano.
 
No mesmo ano en que se convertiu en papa prohibiu o matrimonio de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Bastardo]] (despois alcumado ''o Conquistador''), Duque de Normandía, con [[Matilde de Flandres]], dado o seu grao de parentesco. Malia todo, o matrimonio tivo lugar.
 
Decidido a encabezar o movemento de reforma eclesiástico, que até entón liderara o emperador, rodeouse de figuras coma [[Pedro Damiano]], [[Gregorio VII, papa|Hildebrando]] ou o cardenal [[Humberto de Silva Candida]]. Tamén deu entrada no colexio cardenalicio a eclesiásticos non romanos, facéndoo máis internacional e partidario das ideas [[orde de Cluny|cluniacenses]]. Pódeselle considerar un predecesor da [[Reforma gregoriana]].
 
As súas reformas centráronse no obxectivo de erradicar da Igrexa a [[simonía]] e o matrimonio dos sacerdotes, para o cal celebrou doce [[sínodo]]s, destacando os de [[Letrán]], [[Pavía]], [[Reims]] e [[Maguncia]].
 
Intentou frear o avance dos [[normandos]] que, instalados no sur da [[península Itálica]], ameazaban os territorios pontificios. En [[1053]] armou un exército que resultou derrotado na [[batalla de Civitate]], onde caeu prisioneiro, non recobrando a liberdade até pouco antes da súa morte.
 
==O cisma da Igrexa Oriental==
O feito máis significativo do seu pontificado foi a consumación do [[Cisma de Oriente e Occidente|cisma da Igrexa Oriental]], que se ben xa arrastraba malentendidos e enfrontamentos anteriores, estoupou en [[1054]] cando León IX, co obxecto de lograr unha alianza con [[Bizancio]] contra os normandos, mandou unha embaixada a Constantinopla encabezada polo cardenal Humberto de Silva Candida e formada polos arcebispos [[Federico de Lorena]] e Pedro de Amalfi.
 
Con todo, a situación en Constantinopla non era a máis propicia, pois a súa Igrexa estaba encabezada polo patriarca [[Miguel I Cerulario]], quen, pouco antes, ameazara con pechar as igrexas latinas en Constantinopla que non adoptasen o rito grego.
 
Humberto de Silva Candida, á súa chegada, negou o título de patriarca ecuménico, o segundo posto na xerarquía eclesiástica de Constantinopla, e ademais dubidou da lexitimidade da elevación de Cerulario ao patriarcado. O Patriarca reaccionou negándose a recibir a legación pontificia.
 
Humberto respondeu coa publicación do ''Diálogo entre un romano e un constantinopolitano'' (tratado no que critica os costumes gregas) e redactando unha [[bula]] de excomuñón contra Cerulario, tralo cal abandonou inmediatamente a cidade.
 
A reacción inmediata, o 24 de xullo de 1054, foi a contraexcomuñón do cardenal e o seu séquito. Comezou así a ruptura, e a partir dese instante non se volveu mencionar o nome do papa na liturxia bizantina, e as igrexas en Constantinopla permaneceron pechadas para os latinos.
 
Pola súa parte a Igrexa de Occidente pasou a non recoñecer o [[VI Concilio de Constantinopla]], co que o Credo niceno-constantinopolitano pasou a incluír o [[Cláusula filioque|filioque]].
 
León IX finou o 18 de abril de 1054, e o seu corpo reposa na Basílica de San Pedro.
 
==Bibliografía==
*[[Enzo Pertucci|PERTUCCI, E.]]: ''Ecclesiologia e politica di Leone IX'', Editrice Elia, Roma, 1977.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
{{commons|Pope Leo IX|León IX}}
 
[[Categoría:Papas]]