Evolución estelar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 109:
 
===Ananas brancas de carbono e osíxeno ( 0,5 - 1,5M<sub>Sol</sub> )===
[[Ficheiro:NGC6543.jpg|thumb|A [[nebulosa ollo de gato]] é unha [[nebulosa planetaria]] que se formou trala morte dunha estrela de masa similar á do Sol. O punto luminososoluminoso no centro sinala a situación do [[remanente estelar]].]]
As '''estrelas de masa media''' (0,5-1,5M<sub>Sol</sub>) ó esgotar o seu hidróxeno son capaces de quentarse o suficiente como para iniciar a combustión do helio. Nas capas adxacentes ó núcleo xorde unha zona onde, sendo as temperaturas insuficientes para a fusión do helio si o son para a do hidróxeno. Iníciase, así, a combustión en capa que incrementa o brillo da estrela e forza a esta a expandirse. A medida que aumenta a cantidade de carbono resultante das reaccións triple alfa aumentan tamén as posibilidades de formar osíxeno, pero descoñécese a proporción de carbono e osíxeno xa que as súas seccións eficaces a tan baixas temperaturas tampouco están ben definidas. Chegados os momentos finais da estrela, esta intensificará cada vez máis os seus ventos estelares expulsando progresivamente a súa cuberta de hidróxeno ata deixar un núcleo nu e dexenerado de carbono e osíxeno. Unha estrela como o Sol expulsará nos seus espasmos finais o 40% da súa masa antes de finalizar os seus días como unha anana branca.