Batalla de Camlann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
notas
→‎Historia: ligazóns
Liña 3:
 
== Historia ==
O arqueólogo Leslie Alcock data a batalla de Camlann no ano [[490]]. A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos ''Annales Cambriae'', onde se relata que tal disputa ocorreu no ano [[537]], e menciona a Mordred (Medraut) mais non especifica que el e Artur loitaron en bandos contrarios:
{{cita|Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt}}
:(tradución: A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron)
 
Mais os ''Annales de Tigernach'' sinala o ano [[541]]<ref>Jean Markale, ''Le Roi Arthur et la société celtique'', Payot, 1976''</ref> para tal batalla. Na ''[[Historia Regum Britanniae]]'' o historiador [[galés]] [[Godofredo de Monmouth]] comenta tamén a batalla. Hai moitas probabilidades de que esta batalla acontecese, mais non se sabe quen foron os protagonistas reais.
 
O lugar exacto da batalla tamén se descoñece, aínda que hai varias hipóteses. Un dos sitios é [[Queen Camel]], en Somerset, cerca de Cadbury (identificado tamén co mítico [[Camelot]]). O río que flúe nos outeiros próximos é o Río Cam. Outros sitios máis ao norte son [[Birdoswald]] ou [[Castlesteads]], perto da [[Muralla de Adriano]] (un dos cales leva o nome latino de ''Camboglanna''). Outras localidades hipotéticas son o río Camel na fronteira de Cornualles, e o río Camlann en [[Eifionydd]], [[Gales]].