Batalla de Camlann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: ocorreu
→‎Historia: arranxos
Liña 3:
 
== Historia ==
De acordo coas diferentes versions da mitoloxía artúrica, a batalla aconteceu en [[Somerset]] ou en [[Salisbury]], [[Inglaterra]]. A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos ''Annales Cambriae'', onde se relata que tal disputa ocorreu no ano [[537]], e menciona a Mordred (Medraut) mais non especifica que el e Artur loitaron en bandos contrarios:
{{cita|Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt}}
:(tradución: A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron)
 
[[Image:Boys King Arthur - N. C. Wyeth - p306.jpg|thumb|left|O combate entre Artur e [[Mordred]], ilustrado por N.C. Wyeth]]
Na ''[[Historia Regum Britanniae]]'' o historiador [[galés]] [[Godofredo de Monmouth]] comenta tamén a batalla. Hai moitas probabilidades de que esta batalla acontecese, mais non se sabe quen foron os protagonistas reais.

O lugar exacto da batalla tamén se descoñece, aínda que hai varias hipóteses. Un dos sitios é [[Queen Camel]], en Somerset, cerca de Cadbury (identificado tamén co mítico [[Camelot]]). O río que flúe nos outeiros próximos é o Río Cam. Outros sitios máis ao norte son [[Birdoswald]] ou [[Castlesteads]], perto da [[Muralla de Adriano]] (un dos cales leva o nome latino de ''Camboglanna''). Outras localidades hipotéticas son o río Camel na fronteira de Cornualles, e o río Camlann en [[Eifionydd]], [[Gales]].
 
== Lenda ==