Bioloxía celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
desambiguación: ADN -> Ácido desoxirribonucleico
Liña 21:
 
== Historia ==
A primeira referencia ao concepto de célula data do [[século XVII]] cando o inglés [[Robert Hooke]] empregou este termo para referirse aos pequenos ocos [[Poliedro|poliédricos]] que constituían a estrutura de certos tecidos vexetais como o [[cortiza]]. Ata o [[século XIX]] non se desenvolve este concepto considerando a súa estrutura interior. É neste século cando se desenvolve a [[teoría celular]], que recoñece a [[célula]] como a unidade básica de estrutura e función de todos os seres vivos, idea que constitúe desde entón un do alicerces da [[Bioloxíabioloxía]] moderna. Foi esta teoría a que desprazou en boa medida as investigacións biolóxicas ao terreo microscópico pois non son visibles a primeira ollada.
 
A investigación microscópica axiña daría lugar ao descubrimento da estrutura celular interna incluíndo o [[Núcleo celular|núcleo]], os [[cromosoma]]s, o [[aparato de Golgi]] e outros [[orgánulo]]s celulares así como a identificación da relación existente entre a estrutura e a función dos orgánulos celulares. Xa no [[século XX]] a introdución do [[microscopio electrónico]] revelou detalles das ultraestrutura celular e a aparición da [[histoquímica]] e da [[citoquímica]]. Tamén se descubriu a base material da herdanza cos [[cromosoma]]s e o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] coa aparición da [[citoxenética]].
 
== Véxase tamén ==