UMTS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m Bot Engadido: et:UMTS; cambios estética
Liña 6:
Máis dispón dunha variedade de servizos moi extensa.
 
== Historia ==
=== Predecesores de UMTS ===
No 1985, xorde en Europa a [[primeira xeración (1G)]] tras adapta-lo sistema AMPS (American Mobile Phone System) aos requisitos Europeos, e ser bautizado coma TACS (Total Access Communications System). TACS engloba a todas aquelas tecnoloxías de comunicacións móbiles analóxicas. Pode transmitir voz pero non datos. Actualmente esta tecnoloxía está obsoleta e esperase que desapareza nun futuro próximo.
 
Liña 17:
Os servizos que ofrecen as tecnoloxías 3G son basicamente: acceso a [[Internet]], servizos de banda ancha, roaming internacional e interoperatividade. Máis fundamentalmente, estes sistemas permiten o desenvolvemento de contornos multimedia para a transmisión de vídeo e imaxes en tempo real, fomentando a aparición de novas aplicacións e servizos tales coma [[videoconferencia]] ou o comercio electrónico; cunha velocidade máxima de 2 Mbit/s en condicións óptimas, como por exemplo no interior dos edificios.
== Características ==
 
UMTS permite introducir moitos mais usuarios á rede global do sistema, e ademais permite incrementar a velocidade a 2 Mbps por usuario móbil. Está sendo desenvolvido por 3GPP (3rd Generation Partnership Project), un proxecto común no que colaboran: ETSI (Europa), ARIB/TTC (Xapón), ANSI T-1 (USA), TTA (Corea) e CWTS (China). Para acadar a aceptación global, 3GPP vai introducindo UMTS por fases e versións anuais. A primeira foi no 1999, e describía transicións dende redes GSM. No 2000, describíronse transicións dende IS-95 e TDMA. A unión internacional de telecomunicacións (ITU) é a encargada de establece-lo estándar para que tódalas redes 3G sexan compatíbeis.
Liña 23:
UMTS ofrece os seguintes servizos:
 
* Facilidade de uso e baixos custos: UMTS proporciona servizos de uso fácil e adaptábel para aborda-las necesidades e preferencias dos usuarios. Tamén conta cunha extensa gama de terminais para dispor un fácil acceso os distintos servizos e baixo custo dos servizos para asegurar un mercado masivo. Un exemplo disto son o roaming internacional ou a capacidade de ofrecer diferentes xeitos de tarificación.
 
* Novos e mellorados servizos: Os servizos vocais manterán unha posición dominante durante varios anos. Os usuarios esixirán a UMTS servizos de voz de alta calidade xunto con servizos de datos e de información. As proxeccións amosan unha base de aboados de servizos multimedia en forte crecemento cara o ano 2010, o que posibilita tamén servizos multimedia de alta calidade en áreas carentes de estas posibilidades na rede fixa, como zonas de difícil acceso. Un exemplo disto é a posibilidade de conectarse a [[internet]] dende o terminal móbil ou dende o ordenador conectado a un terminal móbil con UMTS.
 
* Acceso rápido: A principal vantaxe do UMTS sobre a segunda xeración móbil (2G), é a capacidade de soportar altas velocidades de transmisión de datos de ata 144 kbit/s sobre vehículos a gran velocidade, 384 kbit/s en espazos abertos de arrabaldes e 17.2 Mbit/s con baixa mobilidade (interior de edificios). Esta capacidade sumada ao soporte inherente do [[Protocolo de Internet]] (IP), combínanse poderosamente para prestar servizos multimedia interactivos e novas aplicacións de banda ancha, tales como servizos de vídeo telefonía e vídeo conferencia e transmisión de audio e vídeo en tempo real.
 
== Arquitectura ==
A estrutura das redes UMTS esta composta por dous grandes subredes: a rede de telecomunicacións e a rede de xestión. A primeira é a responsábel de sustentar a transmisión da información entre os extremos dunha conexión. A segunda ten como misións a provisión de medios para a facturación e a tarificación dos aboados, do rexistro e definición dos perfís de servizo, a xestión e seguridade no manexo dos seus datos, así como a operación dos elementos da rede, co fin de asegurar o correcto funcionamento de esta, a detección e resolución de avarías ou anomalías, ou tamén a recuperación do funcionamento tras períodos de apagado ou desconexión de algúns dos seus elementos. Dentro de este apartado imos a analizar só a primeira das dúas subredes, isto é, a de telecomunicacións.
UMTS emprega unha comunicación terrestre baseada nunha interface de radio W-CDMA, coñecida como UMTS Terrestral Radio Access (UTRA). Soporta división de tempo dúplex (TDD) e división de frecuencia dúplex (FDD). Ambos modelos ofrecen ratios de información de ata 2 Mbps.
Liña 35:
Unha rede UMTS componse dos seguintes elementos:
 
* Núcleo de Rede (Core Network). O Núcleo de Rede incorpora funcións de transporte e de intelixencia. As primeiras soportan o transporte da información de tráfico e sinalización, incluída a conmutación. O encamiñamento reside nas funcións de intelixencia, que comprenden prestacións coma a lóxica e o control de certos servizos ofrecidos a través dunha serie de interfaces ben definidas; tamén inclúen a xestión da mobilidade. A través do Núcleo de Rede, o UMTS conecta con outras redes de telecomunicacións, de xeito que resulte posíbel a comunicación tanto entre usuarios móbiles UMTS, coma cos que se atopan conectados a outras redes.
* Rede de acceso radio (UTRAN). Desenvolvida para obter altas velocidades de transmisión. A rede de acceso radio proporciona a conexión entre os terminais móbiles e o Core Network. En UMTS recibe o nome de UTRAN (Acceso Universal Radioeléctrico Terrestre) e componse dunha serie de subsistemas de redes de radio (RNS) que son o modo de comunicación da rede UMTS. Un RNS é o responsábel dos recursos e da transmisión / recepción nun conxunto de celas e está composto dun RNC e un ou varios nodos B. Os Nodos B son os elementos da rede que se corresponden coas estacións base. O Controlador da rede de radio (RNC) é responsábel de controlar os recursos lóxicos dunha BTS (Estación Base Transmisora).
* UE (User Equipment). Se compón do terminal móbil mailo seu módulo de identidade de servizos de usuario/subscritor (USIM) equivalente á tarxeta SIM do telefono móbil.
Tamén formarían parte de esta estrutura as redes de transmisión empregadas para enlazar os diferentes elementos que a integran, como os protocolos UU e IU.
 
Un exemplo dunha conexión á rede UMTS dende un terminal seria o seguinte: partimos do noso dispositivo 3G tanto sexa un teléfono móbil ou unha tarxeta para ordenadores compatíbel con esta rede, nosos datos chegan ao Nodo B o cal encárgase de recoller as sinais emitidas polos terminais e pasan o RNC para ser procesadas. Estes dous compoñentes é o que chamamos UTRAN, dende o UTRAN pasa ao Núcleo da rede que esta dividido en conmutadores que distribúen os datos polos diferentes sistemas, segundo vaian a un ou a outro seguirán un camiño pasando polo MSC (Mobile services Switching Centre), ou polo SGSN (Serving GPRS Support Node) e posteriormente polo GGSN (Gateway GPRS Support Node).
 
== Repercusión ==
Trala implantación do sistema UMTS, o concepto de teléfono móbil cambiou radicalmente, pasando de ser un simple instrumento de comunicación para converterse nun terminal multimedia con múltiples capacidades para a comunicación e mailo ocio, gracias á gran cantidade de servizos ofertados e que crecen día a día, como a capacidade de conectarse a [[internet]], transferencia e reprodución de audio e vídeo, [[videoconferencia]] e demais.
 
Ademais, nas zonas nas que a telefonía fixa non chega ou faino deficientemente, coma zonas do arrabalde das cidades, pobos afastados de grandes núcleos ou países en vías de desenvolvemento; a tecnoloxía UMTS fai posíbel levar servizos de telecomunicacións avanzados a tódalas persoas que se atopen en esas zonas de pouca cobertura a nivel de telecomunicacións. Por pór un exemplo, a tecnoloxía UMTS permite administrar un negocio dende un lugar sen telefonía fixa xa que o propietario pode manter un contacto cos clientes e provedores mediante a rede UMTS.
 
== UMTS en España ==
 
Europa foi pioneira no nacemento da 3G, a través dos programas de investigación RACE, ACTS e IST, iniciados a comezos da pasada década, e mais tarde dentro do seno de ETSI. Dende 1998, está en desenvolvemento en cooperación coas organizacións de estandarización no 3GPP.
Liña 55:
En España, o pasado 13 de marzo do ano 2000 adxudicáronse as 4 licencias UMTS dispoñíbeis as operadoras Telefónica Móviles (MoviStar), Airtel (actualmente Vodafone), Amena (actualmente Orange) e ao consorcio Xfera (mais coñecido como Yoigo).
 
== Ligazóns externas ==
(en castelán)
 
Liña 84:
[[eo:UMTS]]
[[es:Universal Mobile Telecommunications System]]
[[et:UMTS]]
[[fi:UMTS]]
[[fr:Universal Mobile Telecommunications System]]