Ramón Cabrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Ramón Cabrera
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Ramon Cabrera; cambios estética
Liña 2:
'''Ramon Cabrera y Griñó''' ([[Tortosa]] [[1806]] - [[Wentworth]] [[1877]]) foi un xeneral carlista [[España|español]].
 
== Traxectoria ==
Fillo de José Cabrera, mariño da mariña que morreu aos poucos anos pero que deixou á familia en boa posición social. A súa nai casou tras a morte do seu home e Ramón pasou a estudar no seminario de Tortosa, onde se amosou como un alumno difícil, sempre envolto en pelexas e con pouco interese no estudo, aínda así tomou as ordes menores en [[1825]], seguiu estudando pero o bispo de Tortosa, Víctor Sáez, rexeitou ordenalo como sacerdote. Tras a morte de Fernando VII, Cabrera foi un dos [[Voluntarios Realistas]] que se negaron a obedecer a orde de desarmamento e as autoridades de Tortosa decidiron envialo a [[Barcelona]], Cabrera conseguiu fuxir e refuxiouse en Morella, onde se uniu ás forzas do pretendente [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos]].
Baixo as ordes de Manuel Carnicer, Carlos ascendeuno a coronel en 1834 e tras a captura e execución de Carnicer polos liberais, quedou ao mando das tropas carlistas do [[Maeztrazgo]] e o Baixo Aragón, e logrou derrotar unha e outra vez aos xenerais isabelinos e aumentar o territorio baixo o seu control, pero tamén destacou pola crueldade dos seus métodos. A fins de 1835 tiña baixo o seu mando a 4.000 homes e aínda que unha derrota en [[Molina de Aragón]] freou temporalmente o seu avance, aínda que dende [[Cantavieja]] conseguiu xuntar de novo as súas partidas, creou unha xunta auxiliar gobernativa e editou o ''Boletín del Ejército Real de Aragón, Valencia y Murcia''. Tras o fusilamento dos alcaldes de Torrecillas e Valdealgorfa por orde de Cabrera a comezos de 1836, o xeneral [[Agustín Nogueras]] ordenou o fusilamento da súa nai, o que tan só conseguiu que a loita se volvera máis sanguiñenta e comezou a ser coñecido como ''O Tigre do Maeztrazgo'' Entre xuño e novembro de 1836, colaborou co xeneral [[Miguel Gómez Damas]] na expedición que percorreu [[Andalucía]] e [[Extremadura]]. De maio a outubro de [[1837]] participou na Expedición Real, que encabezaba o pretendente Carlos María Isidro e que chegou ás portas de [[Madrid]].
Liña 16:
[[en:Ramón Cabrera y Griñó]]
[[es:Ramón Cabrera]]
[[eu:Ramon Cabrera]]
[[fr:Ramón Cabrera]]